ARROXO: "TRABALLAMOS DA MAN DAS VECIÑAS E VECIÑOS PARA CONSEGUIR CONSENSOS NA TRANSFORMACIÓN DO ESPAZO, O PROXECTO NON PODE QUEDAR PARALIZADO"

O BNG preguntará pola renovación da unión entre Río Eo e Otero Pedrayo

O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, lembrou que no anterior goberno "deixouse todo listo cun proxecto elaborado en colaboración coa veciñanza"

Arroxo: "Traballamos da man das veciñas e veciños para conseguir consensos na transformación do espazo, o proxecto non pode quedar paralizado"
O BNG preguntará pola renovación da unión entre Río Eo e Otero Pedrayo




Lugo, 29 de xuño de 2026. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG preguntará ao goberno polo proxecto elaborado para transformar a unión das rúas Río Eo e Otero Pedrayo. Arroxo lembrou que o BNG desde o goberno da cidade realizou unha serie de xuntanzas coas veciñas e veciños da rúa abordar a transformación do espazo. As xuntanzas concluíron coa presentación do proxecto que permitirá crear un novo espazo de convivencia, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e fomentar a participación cidadá na definición dos espazos públicos.

Arroxo lembrou que o BNG desde a Tenencia de Alcaldía elaborou un proxedcto que contembplaba unha nova zona de plataforma única con preferencia peonil con novas prazas de estacionamento e unha nova zona de xogos para nenas e nenos. A zona está organizada en bancais incluíndo diversas árbores. Antes da moción de censura "o proxecto quedou elaborado e listo para ir a Contratación", dixo Rubén Arroxo, que engadiu "preguntaremos na vindeira comisión sobre o avance deste proxecto para garantir que se cumpla o acordado coas e cos veciños desta rúa".

Arroxo destacou que Otero Pedrayo é un novo exemplo "de participación directa da veciñanza na transformación do espazo público" e lembrou que o BNG traballou no goberno de Lugo mantendo "encontros coas veciñas e veciños para saber as necesidades e cubrir as peticións veciñais".


 
O BNG preguntará pola renovación da unión entre Río Eo e Otero Pedrayo