"O PP basea a súa acción de goberno en facer oposición á oposición" sinalou o concelleiro do BNG Alexandre Penas


O PP tenta lograr o protagonismo sementando dúbidas contra o BNG na súa acción de goberno

"Ana Pontón acudirá mañá, orgullosa, a presentar a Rubén Arroxo como candidato do BNG" sentenciou Penas e engadiu "lamentamos que Rueda non aparacese por Lugo dende que o PP goberna"
"O PP basea a súa acción de goberno en facer oposición á oposición" sinalou o concelleiro do BNG Alexandre Penas



Lugo a 9 de xuño de 2026. "Preocupalles a presentación de Rubén Arroxo como candidato á alcaldía do BNG que se vai producir mañá coa presenza de Ana Pontón na praza Maior" suliñan dende o BNG. A líderesa do PP sabe que nas úrnas non poderá consegur unha alcaldía que tivo que invadir valendose de unha transfuga. A incapacidade de este goberno á hora de xestionar é manifesta e como feito concreto que o demostra son as trabas e dificultades que se lle puxeron ao  Conservatorio de Danza, que depende da propia Xunta, para utilizar este xoves e venres o auditorio municipal Gustavo Freire "cousa que nunca sucedeu" dixo Alexandre Penas.  "O PP está acostumado a sementar a descofianza e está a aplicar o seu manual de funciolamento" dixo Alex Penas lamentando que "se adiquen a estas cousas mentres son incapaces de facer un programa para as festas do Arde Lucus a falta de 9 días para a festa".  "O PP basea a súa acción de goberno en facer oposición á oposición" sinalou o concelleiro do BNG Alexandre Penas.  "Ana Pontón acudirá mañá orgullosa a presentar a Rubén Arroxo como candidato do BNG" sentenciou Penas  e engadiu "lamentamos que Rueda non aparacese por Lugo dende que o PP goberna"

Ainda así nomean os logros do BNG no goberno municipal como foi a capacidade de abrir un auditorio, que agora está pechado, e entregado pola Xunta con infinitas carencias e deficiencias. A capacidade para mellorar un servizo de autobus urbano que mes a mes bateu records de usuarios. A capacidade de por en marcha un servizo de transporte a demanda no rural para servizo a diversas parroquías. A capacidade de peonalizar, asfaltar e adecentar númerosas rúas no centro da cidade e nos diferentes barrios. A capacidade de adecentar o Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade. A capacidade de poñer as brigadas de obras ao servizo da cidadanía e arranxar os problemas do concello o antes posible. A capacidade de elaborar un plan que aseguraba ás crianzas que acudían aos centros escolares e a posta en marcha duns inexistentes camiños ás aulas. O BNG tamén tivo a capacidade de garantir os amaños que eran dependentes do concello nos centros escolares, non os estruturais que son dependentes da Xunta como o burato que se produciu no teitro do Colexo as Mercedes.

A denuncia ante a policia por desaparición dunha maquina marca Olivetti, por parte do xefe do servizo de cultura, está entre as súas obrigas e xa fora informada a anterior concelleira. Todos os roubos que se producen na casa consistorial deben ser denunciados, como fixo o BNG fai anos pola desaparición de cartos no local que grupo politico ten na casa do concello xunto con representates dos traballadores que tamén sufriran unha sustración similar.
"O PP basea a súa acción de goberno en facer oposición á oposición" sinalou o concelleiro do BNG Alexandre Penas