do
Novas

O BNG reforza o seu compromiso coa defensa e o futuro do Campus Terra

A formación nacionalista abordou co Vicerreitorado da USC a necesidade de garantir as titulacións estratéxicas e adaptar os criterios de alumnado á realidade demográfica de Lugo

Olalla Rodil destacou o potencial do Campus Terra en investigación e transferencia de coñecemento e reclama medidas que garantan o acceso á vivenda do estudantado
Ler novas
Novas

O BNG preguntará ao goberno se pensa apoiar a ampliación do Pazo Provincial dos Deportes

Rubén Arroxo: "A Vicepresidencia da Deputación fixo fixo o proxecto e xa llo trasladou ao resto de administracións implicadas, agora o PP ten que mollarse e dicir se vai apoiar ou non esta ampliación"

O estudo sobre a ampliación do Pazo, elaborado pola Vicepresidencia da Deputación, propón unha reforma que crearía 1.000 novas prazas cun custo estimado en 13 millóns de euros
Ler novas
Novas

O BNG propón recuperar as medidas especiais para o persoal municipal ante o calor extremo do verán

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, afirmou que "é preciso volver adaptar os horarios de traballo de persoal de servizos como as brigadas municipais para que non realicen o seu traballo nas horas de máis calor, como se fixo xa en anos anteriores"

Segundo os datos recentes, a calor extrema supón unha suba do risco de mortalidade de ata o 60%

Arroxo lembrou que "o Concello xa puxo en marcha medidas similares o ano pasado, agardamos que o PP tamén se preocupe polo benestar das e dos traballadores municipais"
Ler novas
Novas

O BNG leva ao Parlamento que a TVG adquira os dereitos de emisión dos partidos do Breogán e do Ensino

Olalla Rodil, acompañada polo Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e concelleiras e concelleiros do BNG en Lugo, anunciou a iniciativa que trasladará ao Parlamento Galego

Rodil: "Outras corporacións públicas están a traballar para emitir os partidos das súas equipas, é o momento de que a TVG emita os partidos das equipas galegas nas máximas categorías"

Efrén Castro: "As institucións deste país teñen que estar á altura do momento que está a vivir o baloncesto e, en xeral, o deporte galego"

 
Ler novas