"MALIA QUE NON CONTAMOS CUN ACCESO FIXO, MOITAS VECIÑAS E VECIÑOS ACCEDEN AO RÍO, ESTAMOS A RECIBIR QUEIXAS AO NON VER FUNCIONAR ESTE SERVIZO COMO OUTROS  ANOS", AFIRMOU ARROXO

O BNG preguntará ao goberno se está a funcionar o servizo de socorristas na contorna do río

Rubén Arroxo lembrou que este é un servizo que se leva prestando anos "e do que aínda non sabemos nada malia estar xa dentro da tempada de verán"

"Malia que non contamos cun acceso fixo, moitas veciñas e veciños acceden ao río, estamos a recibir queixas ao non ver funcionar este servizo como outros  anos", afirmou Arroxo
O BNG preguntará ao goberno se está a funcionar o servizo de socorristas na contorna do río


Lugo, 08 de xullo de 2026. Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo, anunciou que rexistrará unha pregunta dirixida ao goberno municipal para coñecer se está a funcionar igual que outros anos o servizo de socorrismo na contorna do río durante a tempada estival, un servizo que, segundo sinalan, "veuse prestando nos últimos anos e do que, a día de hoxe, non existe información pública", dixo o portavoz municipal do BNG, Rubén Arroxo. O BNG lembrou que este servizo “é fundamental para garantir a seguridade das persoas que utilizan estes espazos naturais durante o verán” e criticou a falta de previsión do executivo local. “Trátase dun servizo que se leva prestando anos e do que, malia estar xa dentro da tempada de verán, a veciñanza que baixa ao río segue a trasladarnos que non se está a prestar”, afirmou.

Arroxo incidiu en que, aínda que a zona non conta cun acceso formalizado, “moitas veciñas e veciños acoden igualmente ao río para refrescarse, especialmente nos días de altas temperaturas”, polo que considera imprescindible a presenza de persoal cualificado que poida actuar en caso de emerxencia. O BNG destaca que a ausencia deste servizo supón un risco innecesario e reclama ao goberno municipal que actúe con responsabilidade e adopte medidas urxentes para garantir a seguridade na contorna".

O portavoz BNG afirmou que "estamos a ver un novo exemplo claro da improvisación do goberno: primeiro minten co acceso fixo ao río, que se tivo que retirar, e agora non prestan un servizo básico para todas e todos os lucenses que desfrutan a diario do río". O BNG critica que o goberno local do PP "non ten proxecto para Lugo e este é un exemplo máis da súa incapacidade para que a cidade siga a mellorar".
O BNG preguntará ao goberno se está a funcionar o servizo de socorristas na contorna do río