ARROXO DESTACOU "O IMPORTANTE AVANCE" DO BARRIO NOS ÚLTIMOS ANOS, E AFIRMOU QUE "SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA QUE RECATELO E TODOS OS BARRIOS DE LUGO SIGAN A MELLORAR"

O BNG reúnese coa Asociación Veciñal Parque de Rosalía de Castro - Recatelo

Rubén Arroxo e Alexandre Penas mantiveron un encontro con veciñas e veciños do barrio "para planificar o traballo na oposición atendendo ás necesidades dos distintos barrios"

Arroxo destacou "o importante avance" do barrio nos últimos anos, e afirmou que "seguiremos traballando para que Recatelo e todos os barrios de Lugo sigan a mellorar"
O BNG reúnese coa Asociación Veciñal Parque de Rosalía de Castro - Recatelo



Lugo, 02 de xullo de 2026. O BNG de Lugo mantivo un encontro con veciñas e veciños do barrio de Recatelo pertencentes á Asociación Veciñañ Parque de Rosalía de Castro - Recatelo co obxectivo de escoitar de primeira man as súas demandas e planificar o traballo do BNG na oposición. Na xuntanza participaron o portavoz municipal do BNG, Rubén Arroxo, e o concelleiro Alexandre Penas, que escoitaron as trasladaron distintas cuestións relacionadas co barrio para seguir mellorando unha zona da cidade "que nos últimos anos pasou por unha grande transformación", lembrou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo destacou que “o traballo realizado demostra que, con vontade política, é posible transformar os barrios e facer de Lugo unha cidade máis amable e accesible”, e engadiu "o contacto directo coa veciñanza é fundamental para priorizar actuacións e facer un traballo útil, que non se limite á crítica senón que tamén achegue propostas concretas”.

Desde o BNG reafirmaron o seu compromiso de continuar este tipo de encontros nos distintos barrios da cidade, co obxectivo de seguir recollendo achegas e trasladalas á acción política municipal. “Seguiremos traballando para que Recatelo e todos os barrios de Lugo sigan a mellorar, atendendo ás necesidades reais da xente e defendendo un modelo de cidade máis humano”, concluíu Rubén Arroxo.

O BNG reúnese coa Asociación Veciñal Parque de Rosalía de Castro - Recatelo