OLALLA RODIL, ACOMPAÑADA POLO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, EFRÉN CASTRO E CONCELLEIRAS E CONCELLEIROS DO BNG EN LUGO, ANUNCIOU A INICIATIVA QUE TRASLADARÁ AO PARLAMENTO GALEGO
O BNG leva ao Parlamento que a TVG adquira os dereitos de emisión dos partidos do Breogán e do Ensino
Olalla Rodil, acompañada polo Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e concelleiras e concelleiros do BNG en Lugo, anunciou a iniciativa que trasladará ao Parlamento Galego
Rodil: "Outras corporacións públicas están a traballar para emitir os partidos das súas equipas, é o momento de que a TVG emita os partidos das equipas galegas nas máximas categorías"
Efrén Castro: "As institucións deste país teñen que estar á altura do momento que está a vivir o baloncesto e, en xeral, o deporte galego"
Rodil: "Outras corporacións públicas están a traballar para emitir os partidos das súas equipas, é o momento de que a TVG emita os partidos das equipas galegas nas máximas categorías"
Efrén Castro: "As institucións deste país teñen que estar á altura do momento que está a vivir o baloncesto e, en xeral, o deporte galego"
07 xul. 2026 - 08:53
Lugo, 06 de xullo de 2006. A deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, anunciou que presentará unha serie de iniciativas para instar á TVG que adquira os dereitos e emita os partidos das equipas galegas de baloncesto nas máximas categorías do estado. Olalla Rodil afirmou que "a ninguén escapa a afección que se sente, non só no concello de Lugo, polo C.B. Breogán e o ensino, a cidade e o conxunto de Galiza temos a sorte e o orgullo de vivir un momento histórico con ata 6 equipas nas máximas categorías do baloncesto tanto masculino coma feminino", e engadiu "a radio e a televisión públicas de Galiza teñen que estar á altura deste momento histórico e facerse coa retransmisión dos partidos nos que compitan as equipas galegas".
Olalla Rodil afirmou que "entendemos o disparatado mercado dos dereitos de emisión deportiva, do práctico monopolio dos mesmos e o abuso de poder que as grandes produtoras exercen sobre as televisións máis modestas, máis o certo é que outras corporacións públicas, como é o caso da televisión pública de Catalunya, xa emitiron na tempada pasada os partidos de equipas das súas áreas de influencia".
A deputada do BNG subliña que tanto as institucións como os medios públicos deben acompañar o bo momento do baloncesto e do deporte galego, para consolidar unha etapa que cualifica de "dourada" nun momento histórico que non se repetía desde o ano 1994 cando Galzia contaba co CB Breogán, Clube Ourense Baloncesto e OAR Ferrol na máxima categoría.
Neste sentido, o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, afirmou que para manter a "época dourada" do baloncesto galego "fai falta un compromiso forte das administracións". Castro lembrou que a Deputación de Lugo "é o máximo patrocinador institucional de todas as equipas da nosa provincia, ademáis de fortes inversións nas instalacións". Castro criticou que "as administracións administración con moito máis orzamento que a Deputación está a deixar colgados compromisos moi importantes para as nosas equipas.”