DESDE O BNG AFIRMAN QUE ESTE ELEMENTO PODE CAUSAR PROBLEMAS NA CIRCULACIÓN DO TRÁFICO
O BNG pide a reparación inmediata do sinal deteriorado da avenida das Américas
Desde o BNG afirman que este elemento pode causar problemas na circulación do tráfico
O sinal caído está ubicado na mediana da saída da rotonda en dirección saída da cidade
O sinal caído está ubicado na mediana da saída da rotonda en dirección saída da cidade
16 xuño 2026 - 12:16
Lugo, 16 de xuño de 2026. O BNG pide ao ao goberno municipal a reparación urxente do sinal de tráfico caído situado na avenida das Américas, unha vía que a diario acolle unha importante densidade de tráfico. Desde a formación nacionalista alertan de que o mal estado deste elemento supón un risco evidente para a seguridade viaria, ao poder desprazarse cara a calzada e provocar un accidente.
O sinal afectado atópase na mediana da saída da rotonda en dirección á saída da cidade, un punto especialmente sensible polo volume de tráfico que rexistra diariamente. O BNG advirte de que a súa deterioración pode derivar en situacións perigosas, especialmente en horas de maior intensidade circulatoria.
Por este motivo, o BNG insta ao Concello a actuar con celeridade para retirar o sinal danado e instalar unha nova estrutura, así como a reforzar as tarefas de mantemento e revisión da sinalización en toda a cidade, co obxectivo de previr incidentes e mellorar a seguridade viaria.
A formación subliña que garantir unhas infraestruturas en bo estado é unha responsabilidade fundamental da administración local e unha cuestión básica para o benestar da veciñanza.