BUIDE CRITICOU QUE "O MATERIAL QUE O ANO PASADO, CO BNG GOBERNANDO, ERA INSEGURO, AGORA SE VAI UTILIZAR SEN NINGÚN TIPO DE PROBLEMA"
Iria Buide: "O sistema de climatización da Escola Gregorio Sanz estaba listo para funcionar o ano pasado, o persoal da escola non aceptou o seu uso malia estar aprobados pola inspección educativa"
A edil do BNG lembrou que o orzamento municipal gardou unha partida orzamentaria de 24.000€ para a climatización da escola "cun sistema que fose aceptado polo persoal do centro"
Buide criticou que "o material que o ano pasado, co BNG gobernando, era inseguro, agora se vai utilizar sen ningún tipo de problema"
Buide criticou que "o material que o ano pasado, co BNG gobernando, era inseguro, agora se vai utilizar sen ningún tipo de problema"
22 xuño 2026 - 15:05
Lugo, 22 de xuño de 2026. A concelleira do BNG, Iria Buide, afirmou que a situación da escola Gregorio Sanz supón “un evidente cambio de criterio e falta de coherencia” por parte do persoal tras o anuncio do sindicato Comisións Obreiras sobre a climatización das instalacións da escola. A edil do BNG, responsábel da área de Educación e Difusión do Coñecemento, afirmou que "os mesmos sistemas que se van usar agora xa estaban listos para funcionar o verán pasado e non chegaron a poñerse en marcha porque o persoal da escola dixo que era inseguro para as nenas e nenos, aínda que estaban aprobados pola inspección educativa".
Neste sentido, a edil do BNG destacou que o orzamento municipal conta cunha partida de 24.000 euros co obxectivo de adaptar ou substituír o sistema por outro “que fose aceptado polo persoal do centro e garantise as mellores condicións para o alumnado e o profesorado”. Buide amosou a súa sorpresa ante o feito de que “o material que o ano pasado, co BNG gobernando, era considerado inseguro, agora se vai utilizar sen ningún tipo de problema”.
Buide lembrou que o orzamento municipal para Educación neste 2026 contaba con 70.000€ para a mellora dos edificios educativos municipais, ademáis de 24.000€ para a climatización da EIM Gregorio Sanz e 30.000€ para as alarmas dos CEIPs. O maior gasto da Concellería é o 1.062.696€ investidos nos comedores escolares, unha cifra relevante por ser un contrato que corresponde á Xunta de Galiza". O BNG segue reclamando que o goberno galego asuma esas competencias para que o Concello poida investir ese millón de euros en outro tipo de actividades.