MAITE FERREIRO: "AS OBRAS SEGUEN SEN ESTAR LICITADAS, UNHA MOSTRA MÁIS DO COMPROMISO DA XUNTA DE GALIZA CO ENSINO PÚBLICO"

O BNG apoia á ANPA do CEIP Nadela e esixe á Xunta o inicio inmediato das obras comprometidas

O BNG lembra que o período non lectivo é o mellor momento para executar melloras nos centros, "a Xunta debería ter planificado xa o comezo das obras durante o verán"

Maite Ferreiro: "As obras seguen sen estar licitadas, unha mostra máis do compromiso da Xunta de Galiza co ensino público"
O BNG apoia á ANPA do CEIP Nadela e esixe á Xunta o inicio inmediato das obras comprometidas


Lugo, 22 de xuño de 2026. O BNG traslada o seu apoio ás demandas da ANPA do CEIP Nadela, que reclama á Consellería de Educación da Xunta de galiza o comezo urxente das obras de remodelación e adecuación do centro escolar. A edil do BNG Maite Ferreiro, afirmou que este centro é un dos máis antigos de Lugo, e presenta unha serie de eivas estruturais que están a afectar directamente á calidade do ensino e ás condicións do alumnado. Entre estas deficiencias destaca a incapacidade do comedor escolar para dar servizo a todo o alumnado solicitante, debido ás súas reducidas dimensións, ou a falta de accesibilidade en diversos espazos do centro, o que impide garantir unha educación en igualdade de oportunidades para todo o alumnado. A isto súmase a carencia de espazos adecuados, que dificulta a realización de desdobres e a posta en marcha de novos proxectos educativos.

O BNG lembra que a comunidade educativa leva anos agardando por unha reforma integral que foi prometida reiteradamente polo Partido Popular, sen que ata o momento se teñan producido avances reais. Finalizado o curso 2025-2026 e ás portas do verán, as obras seguen sen estar licitadas, o que evidencia, "a falta de compromiso da Xunta de galiza co ensino público", dixo Ferreiro.

O BNG considera fundamental que se aproveiten os períodos non lectivos para acometer unha intervención integral como a que demanda a ANPA, co fin de minimizar as molestias e garantir o normal desenvolvemento da actividade educativa. O BNG insta á Xunta de galiza a "a planificar as obras no CEIP Nadela, garantindo así unhas instalacións dignas e unha educación pública de calidade para o alumnado".
O BNG apoia á ANPA do CEIP Nadela e esixe á Xunta o inicio inmediato das obras comprometidas