PENAS AFIRMOU QUE "O PP AFIRMOU EN COMISIÓN QUE NON SE DEU NINGÚN PASO PARA APROBAR UNHA ORDENANZA QUE PERMITIRÍA O PECHE DE LAS PALMERAS"

Alexandre Penas: "O goberno non deu ningún paso para a aprobación da ordenanza de contaminación acústica que podería ir xa a este pleno municipal"

Penas afirmou que "o PP afirmou en comisión que non se deu ningún paso para aprobar unha ordenanza que permitiría o peche de Las Palmeras"

O edil do BNG criticou "a parálise" do goberno do PP tras mes e medio desde a moción de censura: "hai problemas moi graves que preocupan á veciñanza e o PP non fixo nada"
Alexandre Penas: "O goberno non deu ningún paso para a aprobación da ordenanza de contaminación acústica que podería ir xa a este pleno municipal"


Lugo, 19 de xuño de 2026. O edil do BNG, Alexandre Penas, criticou "a inacción e a parálise" do goberno do Partido Popular despois de afirmar na comisión municipal de seguridade que non se dera ningún paso para a aprobación da nova Ordenanza de Contaminación Acústica. Alexandre Penas lembrou que "desde o anterior goberno deixamos todo o traballo feito, esta ordenanza podía presentarse a este pleno e estar aprobada canto antes, máis vemos como o PP non fixo absolutamente nada". Penas afirmou que "esta problemática crea unha gran preocupación á veciñanza, e desde o BNG seguiremos a traballar para que o goberno se poña a traballar canto antes".

A proposta de ordenanza, elaborada polo anterior goberno, actualiza un texto antigo "que non se adapta ás problemáticas que estamos a vivir". O anterior texto data dos anos 90 e a súa actualización requiriu de diversas reunións co persoal municipal e a Policía Local "para crear unha normativa que de ferramentas para darlle solución aos problemas de convivencia que crean os locais de ocio nocturno". Alexandre Penas afirmou que esta nova odenanza permitiría á Policía Local ter máis ferramentas para rematar cos problemas de convivencia dos locais de ocio nocturno como Las Palmeras.

O novo proxecto de ordenanza conta cun réxime sancionador ligado aos ruídos que poidan impoedir o descanso da veciñanza. Así, o seu artigo 39, que corresponde ao apartado da convivencia veciñal, estabelece que o comportamento nos espazos de convivencia "debe manterse dentro dos límites da convivencia boa cidadá e do respecto aos demáis" e prohibe accións "que comporten unha perturbación evitable" da conducta cívica normal. O artigo 39 recolle tamén unha serie de cuestións que afectan á convivencia e que serían sancionables, como por exemplo o punto 2: gritar ou berrar sen causa xustificada, o que impedirá situacións que ata o de agora non se podían sancionar, como que unha persoa se poida poñer a berrar na rúa durante a noite, impedindo o descanso da xente. Tamén recolle calquera comportamentos persoais que comporten unha perturbación evitable da convivencia e da conduta cívica normal, que impida o descanso da xente ou xere unha situación de malestar. Isto vai ligado ao artigo 54, que permite á Policía Local intervir neses casos, e incorpórase un réxime sancionador que ata agora non existía na ordenanza. A ordenanza recolle en primeiro lugar a advertencia á persoa que está a realizar as conductas que impiden o descanso da veciñanza, e, se o comportamento continúa, é cando a Policía Local tería a potestade para poder sancionar.

Situación de Las Palmeras

Durante os últimos anos, co BNG no goberno municipal traballou para solucionar os problemas de convivencia creados por Las Palmeras "utilizando todas as ferrqamentas coas que contaba o Concello", dixo Alexandre Penas, qeu engadiu "realizáronse unha serie de serie de inspeccións continuadas, analizando como estaban as instalacións do local, ata que se conseguiu detectar unha serie de deficiencias que permitían levar adiante esa sanción: un peche de 12 meses no ano 2023". Durante ese período, a propiedade do local resolveu todas as deficiencias que estaban marcadas, "e hoxe en día xa non serían causa para poder levar adiante o peche", dixo Penas.

Penas lembrou que o Goberno Municipal seguiu traballando "para dar unha solución definitiva ao problema e conseguimos ter unha actualización da ordenanza de contaminación acústica do Concello". Penas criticou tamén a postura da actual alcaldesa, quen afirmou no pasado que había "unha base legal sólida" para o peche de Las Palmeras de forma inmediata. "Mes e medio despois vemos como nin fixeron nada nin teñen planificado seguir co camiño que comezou o anterior goberno", criticou Alexandre Penas.
Alexandre Penas: "O goberno non deu ningún paso para a aprobación da ordenanza de contaminación acústica que podería ir xa a este pleno municipal"