ARROXO: "UN DOS PRIMEIROS PUNTOS NOS QUE AVANZAR É O CRUCE ENTRE SANTO GRAAL E ANGELO COLOCCI, UN CRUCE COMPLICADO QUE MELLORARÍA CON ESTE CAMBIO"

Rubén Arroxo: "O goberno debe seguir mellorando a mobilidade como fixemos desde o BNG os últimos 7 anos"

O BNG reclama a continuidade do plan de substitución de cruces con semáforos por glorietas en puntos clave da cidade para gañar fluidez no tráfico, plan que quedou co proxecto realizado e con partida orzamentaria para a súa execución

Arroxo: "Un dos primeiros puntos nos que avanzar é o cruce entre Santo Graal e Angelo Colocci, un cruce complicado que melloraría con este cambio"
Rubén Arroxo: "O goberno debe seguir mellorando a mobilidade como fixemos desde o BNG os últimos 7 anos"



Lugo, 18 de xuño de 2026. Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo, afirmou que o goberno municipal "ten que seguir a traballar na mellora do tráfico da cidade, como fixemos desde o BNG nos últimos 7 anos". Arroxo puxo en valor proxectos executados, como a rotonda construída no cruce de Afonso X coa Ronda de Fingoi, "un punto no que o tráfico gañou fluidez e no que se mellorou a seguridade peonil á hora de cruzar". Arroxo destacou que o actual goberno "debe continuar con este traballo" e lembrou que o BNG proxectara 8 puntos da cidade nos que seguir mellorando cruces complicados con rotondas, aumentando tanto a seguridade peonil como a fluidez do tráfico.

Segundo Arroxo, un dos primeiros puntos nos que continuar sería o cruce de Santo Graal con Angelo Colocci, "un cruce complicado e perigoso para os peóns no que a intervención sería sinxela ao haber bastante espazo para construír unha rotonda", e engadiu "este tipo de regulación do tráfico aumenta a fluidez do tráfico, reducindo retencións especialmente en horas punta". Arroxo lembrou que "o Concello conta co proxecto xa realizado e cunha partida orzamentaria para executalo".

Hai poucos días viuse un novo accidente de tráfico neste cruce, "é necesario seguir avanzando na mellora dos viais municipais para garantir a seguridade viaria", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "cada día de atraso supón manter situacións de risco que poderían evitarse”. O BNG destaca que a mellora da seguridade viaria "debe ser unha prioridade na axenda municipal", segundo dixo Rubén Arroxo, quen afirmou que "a mellora da seguridade viaria é unha cuestión seria, non se poden tirar balóns fóra como intentou facer a alcaldesa de Lugo con este proxecto do anterior goberno". 
Rubén Arroxo: "O goberno debe seguir mellorando a mobilidade como fixemos desde o BNG os últimos 7 anos"