AS E OS EDÍS DO BNG CONVIDARON Á VECIÑANZA DE LUGO "A DESFRUTAR DUNHA DAS GRANDES FESTAS DE LUGO QUE ESTE ANO CELEBRA O SEU 25º ANIVERSARIO"
O BNG visita as instalacións da asociación Cohors III Lucensium no Arde Lucus
As e os edís do BNG convidaron á veciñanza de Lugo "a desfrutar dunha das grandes festas de Lugo que este ano celebra o seu 25º aniversario"
Maite Ferreiro afirmou que "as asociacións implicadas nas festas son as grandes organizadoras desta edición"
18 xuño 2026 - 12:16
Lugo, 18 de xuño de 2026. As e os concelleiros do BNG visitaron o campamento instalado na praza Maior pola asociación Cohors III Lucensium, guiados polo representante da asociación, Eduardo Fernández Abel. A concelleira do BNG, Maite Ferreiro, convidou á veciñanza a desfrutar do Arde Lucus, "unha das grandes festas de Lugo que este ano celebra o seu 25º aniversario", e afirmou que "temos por diante catro días cheos de actividades a cargo de 19 asociacións que trasladarán as rúas da cidade a hai 2.000 anos".
A concelleira do BNG destacou "o gran traballo" que realizan cada ano as 19 asociacións "traballo que se fai durante todo o ano e que se intensifica nas xornadas previas ao Arde Lucus". Ferreiro afirmou que "temos por diante catro días nos que poderemos desfrutar dun gran número de actividades a cargo das diversas asociacións que participan neste evento".
Ferreiro afirmou que a postura do Goberno Municipal a respecto do Arde Lucus demostra "que ao PP non lle interesa a cultura". Ferreiro lembrou que as entradas non estiveron dispoñibles ata unha semana antes e os programas chegaron tarde ás rúas, "mentres que o PP desde a oposición reclamaba coidar e mellorar este evento, desde o goberno maltratárono, atrasando cuestións tan básicas como publicar o programa".