O EDIL DO BNG, ALEXANDRE PENAS, PUXO COMO EXEMPLO A NOVA ROTONDA DA AVENIDA AFONSO X, CON HERBA ALTA E EN MAL ESTADO
O BNG reclama un "mellor coidado" das zonas verdes
O edil do BNG, Alexandre Penas, puxo como exemplo a nova rotonda da avenida Afonso X, con herba alta e en mal estado
"O Goberno ten que coidar as zonas verdes, non instalar céspede artificial como fai a Xunta", dixo Alexandre Penas en relación ao realizado na rotonda de Portomarín
"O Goberno ten que coidar as zonas verdes, non instalar céspede artificial como fai a Xunta", dixo Alexandre Penas en relación ao realizado na rotonda de Portomarín
17 xuño 2026 - 12:31
Lugo, 17 de xuño de 2026. Alexandre Penas, concelleiro do BNG no Concello de Lugo, reclamou "un maior coidado das zonas verdes da cidade", despois de ver "o estado de abandono" que amosa a rotonda de Afonso X. A estrutura, construída este ano, presenta no seu interior herbas altas e descoidadas, "unha mostra do descoido ao que o PP somete as zonas verdes da cidade".
"Agardamos que isto non sexa o paso previo a eliminar unha zona verde", afirmou Alexandre Penas, quen lembrou que no 2024, o PP desde a Xunta de Galiza malgastou preto de 50.000€ na retirada do céspede natural da rotonda da estrada de Portomarín ubicada no acceso ao barrio da Ponte para colocar céspede artificial.
Alexandre Penas destacou a importancia da rotonda que mellorou o cruce entre Afonso X e a Ronda de Fingoi. Construída nos primeiros meses do 2026, substituíu un cruce regulado por semáforos no que conflúen viais de similar intensidade de tráfico. O BNG desde o goberno de Lugo traballou para eliminar os semáforos creando unha rotonda axardinada, e redeseñando as entradas para garantir a seguridade dos peóns e manter a continuidade da rúa.