reclama
Novas

O BNG reclama á Xunta que acondicione o alumeado ornamental da Muralla

Nunha acción reivindicativa no adarve, o Portavoz do BNG no Concello de Lugo afirmou que "seguimos vendo máis de 100 das luminarias da Muralla apagadas a poucos días do 25 aniversario da declaración do Monumento como Patrimonio da Humanidade"

Arroxo estivo acompañado por concelleiras e concelleiros do BNG, ademáis de cargos orgánicos e institucionais da organización

Dende o BNG ironizouse propoñendo á Xunta "que coloque candeas" se non son quen de facer funcionar o alumeado ornamental
Ler novas
Novas

O BNG reclama á Xunta que amañe a porta principal do HULA

Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo: "cada pouco tempo vemos como o mantemento dos edificios públicos non é unha prioridade para a Xunta"

A porta principal do HULA leva máis dun mes fóra de servizo, "o que debería ser un amaño case inmediato estase a converter nunha molestia para as persoas usuarias", afirmou Arroxo
Ler novas
Novas

O BNG reclama á Xunta "que garanta a calidade nas reparacións das súas infraestruturas"

Alexandre Penas e Montse Valcárcel visitaron o recentemente aberto Centro de Saúde da Residencia, onde pouco máis dun ano despois da súa entrada en funcionamento, xa se poden ver zonas do edifico en avanzado estado de desgaste

Montse Valcárcel: "A Xunta ten que mellorar a súa planificación á hora de realizar obras, garantindo a boa imaxe do espazo no que se intervén, e non dexando anacos de cinta para que non caia o revestimento do muro"

O BNG presentará iniciativas no Parlamento de Galiza reclamando a solución a estas deficiencias

Ler novas