O BNG de Lugo apoia as concentracións contra os lumes e reclama un cambio profundo nas políticas forestais da Xunta
21 ago. 2025 - 20:54
Lugo, 21 de agosto de 2025. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado por cargos orgánicos e institucionais do BNG e militantes da formación, participou hoxe na concentración celebrada en Lugo e en distintos puntos de Galiza, para reclamar á Xunta "un cambio real e decidido nas políticas forestais, porque o que estamos a vivir cada verán demostra que o modelo actual é un fracaso absoluto", declarou Arroxo.
O portavoz do BNG no Concello de Lugo subliñou que é necesario apostar "por un monte vivo e con futuro, sustentado en iniciativas que permitan previr os lumes e garantir un aproveitamento racional e sostible do noso territorio". Arroxo avanzou que o BNG continuará a apoiar as mobilizacións que se convoquen neste sentido, sumando a súa voz á de milleiros de persoas e colectivos que esixen "un cambio de rumbo inmediato para protexer os nosos montes, o noso medio ambiente e o futuro das vilas e aldeas da Galiza".
É por iso que o BNG propón medidas extraordinarias a corto e medio prazo, a comezar polo fondo para actuacións urxentes, como reparación de infraestruturas, indemnizacións pola perda de bens privados como vivendas ou vehículos, axudas económicas para titulares de explotacións forestais, agrarias ou gandeiras afectadas, ou recuperación ambiental das zonas queimadas.
A proposta que defende o BNG pasa por unha aposta clara pola política integral preventiva, cun maior investimento en accións sobre o territorio (faixas de protección ou cortalumes naturais e pasteiros para o gando) e unha planificación de actuacións preventivas nas zonas de maior risco, afondou Pontón, que defendeu así mesmo a reordenación territorial para afastar as masas forestais dos pobos e zonas de actividade industrial, e un novo modelo de ordenación forestal para ter un monte multifuncional no que se combine o aproveitamento forestal e agrario.