lugo
Novas

O BNG propón un referéndum cidadán para decidir o futuro da actual estación de autobuses de Lugo

Rubén Arroxo, acompañado por concelleiras e concelleiros e polo responsábel local do BNG, Antón Bao, propuxo "un exemplo de participación cidadá para que sexa a veciñanza de Lugo a que escolla a mellor solución para este espazo"

O BNG segue a defender a proposta do Gran Parque Central, "o proxecto máis acaído para transformar este espazo e ofrecer un novo pulmón verde no centro de Lugo", afirmou Arroxo
Ler novas
Novas

A Área de Participación do Concello de Lugo impulsa un novo curso de poda en Santa Cristina de San Román con gran acollida veciñal

Esta actividade enmárcase na programación de cursos que a Tenencia de Alcaldía desenvolve ao longo do ano co obxectivo de dinamizar o rural e promover a aprendizaxe continua entre a cidadanía

Cristina López: “Estamos a comprobar que estas iniciativas, ademais de transmitir coñecementos, contribúen a fortalecer o tecido comunitario"
Ler novas
Novas

Lugo celebra o Día das Matemáticas con actividades na rúa

Maite Ferreiro anunciou a colaboración da área de Cultura coa Federación Galega de Sociedades de Profesorado de Matemáticas

Ferreiro: “Na mañá do domingo 15, a Praza Maior encherase de actividades relacionadas coas matemáticas enfocadas de xeito lúdico e festivo”

 
Ler novas
Novas

O BNG defenderá no vindeiro pleno unha proposición para reclamar á Xunta que mellore o transporte interurbano de Lugo

Rubén Arroxo: "As administracións públicas temos que traballar da man para permitir que toda a veciñanza conte con transporte público, apostando pola interoperabilidade entre o bus urbano, o transporte rural a demanda e o transporte metropolitano"

O BNG recolle as reclamacións da veciñanza dos núcleos polos que discorre a LU-232, que poderían contar con boas opcións de transporte aumentando as frecuencias da liña Lugo - Friol "ademáis, outros núcleos poden beneficiarse se se aumentan as frecuencias, como pode ser a veciñanza comunicada pola estrada de Portomarín, da Fonsagrada ou a veciñanza de Ombreiro"
Ler novas