RUBÉN ARROXO: "AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS TEMOS QUE TRABALLAR DA MAN PARA PERMITIR QUE TODA A VECIÑANZA CONTE CON TRANSPORTE PÚBLICO, APOSTANDO POLA INTEROPERABILIDADE ENTRE O BUS URBANO, O TRANSPORTE RURAL A DEMANDA E O TRANSPORTE METROPOLITANO"

O BNG defenderá no vindeiro pleno unha proposición para reclamar á Xunta que mellore o transporte interurbano de Lugo

Rubén Arroxo: "As administracións públicas temos que traballar da man para permitir que toda a veciñanza conte con transporte público, apostando pola interoperabilidade entre o bus urbano, o transporte rural a demanda e o transporte metropolitano"

O BNG recolle as reclamacións da veciñanza dos núcleos polos que discorre a LU-232, que poderían contar con boas opcións de transporte aumentando as frecuencias da liña Lugo - Friol "ademáis, outros núcleos poden beneficiarse se se aumentan as frecuencias, como pode ser a veciñanza comunicada pola estrada de Portomarín, da Fonsagrada ou a veciñanza de Ombreiro"
O BNG defenderá no vindeiro pleno unha proposición para reclamar á Xunta que mellore o transporte interurbano de Lugo


Lugo, 17 de febreiro de 2026. O Portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo anunciou que no vindeiro pleno municipal se debaterá unha iniciativa presentada polo BNG para instar á Xunta de Galiza a "analizar a situación da rede metropolitana de transporte e aumentar as frecuencias onde exista demanda para facilitar que a veciñanza do rural poida contar con transporte público para achegarse a Lugo". Arroxo destacou que "o novo modelo de transporte no que está a traballar a cidade de Lugo, con máis bus urbano e co transporte rural a demanda, veríase beneficiado se contamos con máis frecuencias de transporte interurbano que permitan á veciñanza achegarse a Lugo e aos distintos concellos da rede metropolitana".

Moitas asociacións veciñais da zona rural a reclamar máis servizos, non só no transporte público municipal (bus urbano e transporte rural a demanda) senón tamén no transporte metropolitano xestionado pola Xunta de Galiza. "Un exemplo claro disto son as reclamacións da asociación veciñal Rebordaos-Veral, que solicita unha mellora no transporte das parroquias próximas á estrada LU-232" dixo Rubén Arroxo, que engadiu "estes núcleos de poboación contan co servizo da liña Lugo-Friol, que actualmente conta con 3 servizos diarios, o que as veciñas e veciños consideran insuficientes". Segundo o portavoz do BNG "estas reclamacións repítense habitualmente en distintos núcleos do rural de Lugo, como por exemplo as diversas reclamacións feitas nos últimos anos pola veciñanza que vive nos núcleos de poboación comunicados a través da estrada de Portomarín, da Fonsagrada ou a veciñanza de Ombreiro".
 
O BNG defende o transporte público como un servizo esencial para a veciñanza, que permite reducir a contaminación e a conxestión das estradas, mais este servizo ten que ser deseñado para responder ás necesidades reais do territorio e das persoas usuarias que, cada vez máis, apostan por este modelo de transporte fronte ao vehículo privado.
O BNG defenderá no vindeiro pleno unha proposición para reclamar á Xunta que mellore o transporte interurbano de Lugo