O CONCELLEIRO ALEXANDRE PENAS AFIRMOU QUE "VÉN DE COMEZAR A TEMPADA DE MÁIS TEMPERATURAS E SEGUIMOS SEN SABER CAL VAI SER A PLANIFICACIÓN DO CONCELLO PARA AS ACTUACIÓNS DESTE VERÁN"

O BNG demandará información sobre a planificación do goberno ante os incendios rurais durante o verán

O concelleiro Alexandre Penas afirmou que "vén de comezar a tempada de máis temperaturas e seguimos sen saber cal vai ser a planificación do Concello para as actuacións deste verán"

O Concello de Lugo conta máis de 100.000€ de orzamento para a contratación dunha brigada de 5 persoas durante os 3 meses do verán

Lugo, 01 de xullo de 2026. 
O concelleiro do BNG Alexandre Penas anuniou preguntas ao goberno municipal sobre a planificación na loita contra os incendios forestais. Penas afirmou que "estamos xa en xullo e vimos de pasar por unha das primeiras tempadas de máis calor do verán, e estamos a ver como a veciñanza amosa unha grande preocupación pola planificación de traballos da brigada municipal de defensa contra incendios forestais".

O Concello de Lugo recibe neste ano 2026 un total de 101.250€ da Xunta de Galiza para a contratación do persoal dunha brigada de defensa contra os incendios forestais, que se dedican cada verán ao acondicionamento de diferentes terreos nas 54 parroquias de Lugo. De cara ao 2026, o goberno do PP apoiado pola concelleira tránsfuga non fixo público o plan de traballos nin as datas nas que esta brigada estará traballando.

Penas afirmou que "os primeiros meses do PP no goberno están a empeorar o Concello, a principal liña política de Candia é improvisar o que fai que a veciñanza perda servizos moi importantes", e destacou que "a loita contra os incendios forestais é unha cuestión que require de planificación e boa execución".
O BNG demandará información sobre a planificación do goberno ante os incendios rurais durante o verán