verán
Novas

Iria Buide: "O PP continúa a reducir a programación cultural da cidade, este é o primeiro verán en moitos anos que non conta co festival Versos na Barraca"

A edil do BNG destacou que esta era "unha actividade xa consolidada" no calendario cultural do verán "que leva convertendo a Lugo no centro da poesía galega desde a primeira edición no 2020"

Nas distintas edicións de Versos na Barraca, a Mosqueira foi o escenario de máis de 50 poetas como Antón Reixa, Yolanda Castaño, Antía Otero ou Lois Pérez
Ler novas
Novas

O BNG propón recuperar as medidas especiais para o persoal municipal ante o calor extremo do verán

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, afirmou que "é preciso volver adaptar os horarios de traballo de persoal de servizos como as brigadas municipais para que non realicen o seu traballo nas horas de máis calor, como se fixo xa en anos anteriores"

Segundo os datos recentes, a calor extrema supón unha suba do risco de mortalidade de ata o 60%

Arroxo lembrou que "o Concello xa puxo en marcha medidas similares o ano pasado, agardamos que o PP tamén se preocupe polo benestar das e dos traballadores municipais"
Ler novas
Novas

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos do verán


Ferreiro destacou que "continuamos a medrar en visitantes, con  77.155 persoas atendidas nos tres meses de verán"

As salas museísticas continúan a tendencia a aumentar con preto de 32.000 turistas

A concelleira de Cultura, xunto con integrantes de Achádego Teatro, presentou a nova edición do ciclo galego de teatro amador, que terá lugar no Auditorio Municipal entre o 7 e o 22 de setembro

Ler novas