OLALLA RODIL, VICEPORTAVOZ DO BNG NO PARLAMENTO GALEGO, DESPRAZOUSE A PARGA ONDE ESTIVO ACOMPAÑADA DE CARGOS ORGÁNICOS E INSTITUCIONAIS DA FORMACIÓN

"O Centro Médico de Parga non pode pechar durante o verán", explicou Olalla Rodil



O BNG de Guitiriz acada un apoio unánime da corporación, nun Pleno extraordinario, para evitar o peche do Centro Médico

Olalla Rodil, viceportavoz do BNG no Parlamento Galego, desprazouse a Parga onde estivo acompañada de cargos orgánicos e institucionais da formación

"O Centro Médico de Parga non pode pechar durante o verán", explicou Olalla Rodil



Guitiriz, 3 de xullo de 2025. O BNG foi capaz de acadar un consenso total na proposta de evitar o peche do Centro de Saúde de Parga logo do Pleno extraordinario urxente que solicitou á Alcaldía. "O Centro Médico de Parga non pode pechar durante o verán" explicou Olalla Rodil e engadiu que "asistimos a un desmantelamento da sanidade pública e esta unha mostra máis de como o PP intenta deixarnos sen atención primaria onde lle é posible".

Logo de consensuar cos outros grupos da corporación a celebración dun Pleno Extraordinario para rexeitar o peche do Centro de Saúde de Parga durante os meses de xullo, agosto e setembro, o BNG acadou a unanimidade neste asunto. Olalla Rodil indicou que "todos grupos representan á totalidade da veciñanza de Guitiriz pediuse a paralización do peche anunciado". Dende o BNG explicouse que na moción figuraba como punto de acordo que "o Pleno solicita a paralización do peche anunciado, a esixencia ao Sergas para cubrir todos os servizos sen merma da atención e a recuperación dos servizos anteriores ao peche producido co gallo da Covid 19".

Dende o BNG avaliamos positivamente o posicionamento unánime de todos os grupos en contra do peche, mais, por parte do portavoz no Pleno, Afonso Losada, esixiuse que a agrupación municipal do PP tiña que dar un paso adiante para amosar o seu compromiso claro e incondicional de oposición ao peche: "o movemento explícase andado" argumentou o portavoz do BNG e "se realmente queren amosar o seu compromiso, reúnan a afiliados e votantes e preséntense diante da sede do seu partido para esixir a paralización dunha decisión política que vai en contra de toda a veciñanza e, obviamente, tamén de votantes, simpatizantes e afiliados e afiliadas do PP de Guitiriz. Teñen un peso político, fágano valer" esixiu Losada. Parte dos veciños e veciñas asistentes ao Pleno, recrimináronlle ao portavoz do PP que non se implicara máis neste tema e, que presionara internamente para evitar o peche do Centro de Saúde.

"O Centro Médico de Parga non pode pechar durante o verán", explicou Olalla Rodil