20 CONCERTOS TERÁN LUGAR NA PRAZA DA MOSQUEIRA ENTRE O 04 DE XULLO E O 06 DE SETEMBRO
Rubén Arroxo presenta a 6ª Edición do Muralleando, festival das agrupacións musicais de Lugo que volve un ano máis á Mosqueira
20 concertos terán lugar na praza da Mosqueira entre o 04 de xullo e o 06 de setembro
Arroxo: "O Muralleando xa é unha cita consolidada no calendario das actividades culturais do verán"
Lugo, 02 de xullo de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou a sexta edición ciclo de concertos Muralleando, que abrirá a Praza da Mosqueira ás distintas agrupacións musicais de Lugo. En total, 20 agrupacións mostrarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 4 de xullo e o 31 de agosto.
O Tenente Alcalde explicou que "esta sexta edición consolida ao Muralleando como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, converténdose no punto de encontro das agrupacións locais, mantendo a Muralla como protagonista ao celebrarse na Praza da Mosqueira, un dos espazos máis importantes na programación cultural ao longo do ano".
Rubén Arroxo lembrou que "os concertos do Muralleando apareceron xusto despois do confinamento, no ano 2020, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local, que vira anulados moitos eventos". Arroxo destacou que a praza da Mosqueira "permite organizar actividades culturais e de ocio respectando a visión da gran concentración de patrimonio que hai nesta zona", en referencia á propia Mosqueira e ao edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.
Programa Muralleando 2025
XULLO
DATA GRUPO
4 A VOLTA DO AGRO
5 DIEGO FLÂNEUR E UNDER
11 MINTONS JAZZ
12 UNA MESA PARA DOS
18 BANDA FILHARMÓNICA
19 LORA HACE PAM E OS EMÉRITOS
25 CANTIGAS E FRORES
26 FRAN ZELOP
AGOSTO
DATA GRUPO
1 DZETA , GARRI , JOTAM , ZAWAR
2 BRANCA VILLARES E PABLO PINTOR
8 LOS HIJOS DE LA VECINA
9 MILESIOS
15 PHYSICAL GRAFFITI
16 VERTER GZ
22 FUNÁMBOLA E OS CEOS QUEBRADIZOS
23 PUNK'ON KEIXO
29 MUSTÉLIDOS
30 CHEMICAL ADICCTS E CIRCUNCISIÓN TOTAL
SETEMBRO
DATA GRUPO
5 KT, LIDIA LCHAO, SHERA, SILE
6 LOS JOROBADOS DEL MIÑO