IRIA BUIDE: "CONTAMOS CUNHA PROGRAMACIÓN PARA ESPALLAR A PRÁCTICA DE XADREZ ENTRE A VECIÑANZA, CON ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO NO VERÁN E ACTIVIDADES NOS CENTROS DE ENSINO DURANTE O CURSO"

A concellería de Educación leva o xadrez ás rúas coa actividade "unha viaxe pola historia do xadrez", que se celebrará no Castiñeiro na primeira quincena de xullo


A Praza do Castiñeiro acollerá actividades de xadrez entre as 18 e as 20 horas

Iria Buide: "Contamos cunha programación para espallar a práctica de xadrez entre a veciñanza, con actividades abertas ao público no verán e actividades nos centros de ensino durante o curso"

A concellería de Educación leva o xadrez ás rúas coa actividade "unha viaxe pola historia do xadrez", que se celebrará no Castiñeiro na primeira quincena de xullo



Lugo, 01 de xullo de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, presentaron as actividades previstas para o mes de xullo dentro da programación anual de promoción do xadrez, dirixidas a toda a veciñanza de Lugo, co obxectivo de "espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa", dixo Iria Buide.

A praza do Castiñeiro será o escenario da práctica de xadrez durante a primeira quincena de xullo, con actividades todas as tardes de luns a venres entre as 18 e as 20 horas. Instalarase un xadrez xigante, varios xadreces convencionais e daranse clases de iniciación. Desta forma, todas as persoas que o desexen poderán xogar ao xadrez. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta que non precisa de inscrición previa.

Iria Buide destacou "o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación", e engadiu "a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade".

A concellería de Educación leva o xadrez ás rúas coa actividade "unha viaxe pola historia do xadrez", que se celebrará no Castiñeiro na primeira quincena de xullo