NOS ÚLTIMOS 15 ANOS GALIZA PERDEU MÁIS DO 50% DO CENSO DE OVELLAS E CASE O 40% DO DE CABRAS PASANDO DAS 270.000 CABEZAS A 135.000 UNIDADES

Montserrat Valcárcel: "OVICA coida dun sector fundamental para previr os incendios como é o ovino-caprino e que está abandonado pola administración"


Nos últimos 15 anos Galiza perdeu máis do 50% do censo de ovellas e case o 40% do de cabras pasando das 270.000 cabezas a 135.000 unidades

Valcarcel: "As políticas do PP na Xunta son inexistentes cara este sector que sólo ten 48 ganderías con máis de 250 animais"

Montserrat Valcárcel: "OVICA coida dun sector fundamental para previr os incendios como é o ovino-caprino e que está abandonado pola administración"



Lugo, 1 de xullo de 2025. Unha representación do BNG, formada por integrantes do parlamento e do concello de Lugo, achegouse a coñecer o día a día e o traballo que se desenvolve na sede de OVICA situada en Lugo. Monteserrat Valcarcel informou que recentemente "o Ministerio de Agricultura publicou os datos provisionais dos censos gandeiros de 2024 que, xunto cos datos da Xunta de Galicia de 2023, situan a realidade do sector: nos últimos 15 anos Galicia perdeu más do 50% do censo de ovellas e case o 40% do de cabras".

Na visita, na que tamén estivo o parlamentario encargado do Medio Rural, situose o sector como "clave" á hora de acoller persoas que son a fonte de novos/as poboadores/as do rural. "Así o demostran os constantes proxectos preto de zonas urbanas ou lonxe nas montañas do interior que xorden constantemente" explicou Secundino Fernandez. A pouca oferta formativa para estes pequenos ou medianos proxectos fai que moitas pesoas desistan e o sector non incrmente o número de efectivos.

O sector atopase nunha encrucillada e atravesa unha tendencia á baixa que debe reverterse para aproveitar os incontables servizos que proporcionan estes animais para o rural: a gandería extensiva fixa poboación; a prevención de lumes e é un gando moi versátil, capaz de pastorear pradeiras, controlar a herba entre as vides e árbores, desbrozar terreos preto das casas. "No tecido asociativo temos uns servizos que a Xunta, en mans do PP, non é capaz de facilitarlle a quen pretende vivir deste sector e vemos como traballa esta asocicación e achega á sociedade o coñecemento do sector ao mesmo tempo que da servizos ás persoas asociadas" dixo a parlamentaria Montserrat Valcarcel.

Montserrat Valcárcel: "OVICA coida dun sector fundamental para previr os incendios como é o ovino-caprino e que está abandonado pola administración"