MARTÍN GÓMEZ: "CANDO HAI COLABORACIÓN INSTITUCIONAL E VONTADE POLÍTICA CONSÉGUENSE INVESTIMENTOS QUE MELLORAN A VIDA DA VECIÑANZA"
O BNG de Becerreá destaca o traballo conxunto coa Vicepresidencia da Deputación para facer realidade a renovación do céspede do campo de fútbol
Martín Gómez: "Cando hai colaboración institucional e vontade política conséguense investimentos que melloran a vida da veciñanza"
13 xul. 2026 - 10:38
Becerreá, 12 de xullo de 2026.- O BNG de Becerreá valorou moi positivamente a aprobación do convenio entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello para financiar a renovación do céspede do campo municipal de fútbol, unha actuación que contará cunha achega provincial de 220.000 euros e que permitirá modernizar unha infraestrutura deportiva fundamental para o concello.
O portavoz do BNG en Becerreá, Martín Gómez, salientou que este investimento "é o resultado do traballo coordinado entre o grupo municipal do BNG e a Vicepresidencia da Deputación, demostrando que a colaboración entre institucións serve para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza".
Gómez lembrou que a renovación do céspede era unha demanda necesaria para garantir unhas condicións axeitadas tanto para os equipos da SD Becerreá como para centos de rapazas e rapaces que utilizan estas instalacións ao longo de todo o ano. "Falamos dun investimento importante que sería moi difícil de asumir en solitario por un concello como Becerreá, polo que a implicación da Vicepresidencia resulta decisiva para que este proxecto sexa unha realidade", afirmou.
O portavoz nacionalista agradeceu especialmente o compromiso do vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, coa mellora das infraestruturas deportivas do rural, destacando que "a aposta do BNG pola cooperación entre administracións permite que os recursos públicos cheguen aos concellos que máis os precisan".
Martín Gómez concluíu asegurando que "este convenio é un exemplo da forma de traballar do BNG: escoitando as necesidades da veciñanza, colaborando entre administracións e conseguindo investimentos que repercuten directamente na calidade de vida da nosa xente e no futuro do deporte base en Becerreá".