A EDIL DO BNG DESTACOU QUE ESTA ERA "UNHA ACTIVIDADE XA CONSOLIDADA" NO CALENDARIO CULTURAL DO VERÁN "QUE LEVA CONVERTENDO A LUGO NO CENTRO DA POESÍA GALEGA DESDE A PRIMEIRA EDICIÓN NO 2020"

Iria Buide: "O PP continúa a reducir a programación cultural da cidade, este é o primeiro verán en moitos anos que non conta co festival Versos na Barraca"

A edil do BNG destacou que esta era "unha actividade xa consolidada" no calendario cultural do verán "que leva convertendo a Lugo no centro da poesía galega desde a primeira edición no 2020"

Nas distintas edicións de Versos na Barraca, a Mosqueira foi o escenario de máis de 50 poetas como Antón Reixa, Yolanda Castaño, Antía Otero ou Lois Pérez
Iria Buide: "O PP continúa a reducir a programación cultural da cidade, este é o primeiro verán en moitos anos que non conta co festival Versos na Barraca"



Lugo, 09 de xullo de 2026. A concelleira do BNG, Iria Buide, afirmou que “o PP continúa a reducir a programación cultural da cidade” e sinalou que este é “o primeiro verán no que a Mosqueira non conta co festival Versos na Barraca desde o seu inicio no 2020”. Buide lembrou que esta iniciativa estaba xa “plenamente consolidada” no calendario cultural estival e subliñou o seu papel como referente na poesía galega. A concelleira do BNG afirmou que este ciclo gozaba dun gran éxito de asistencia, e que o público valoraba a calidade da mestura "entre os nomes máis destacados da narración oral galega co acompañamento musical de profesionais da cidade de Lugo".

A edil do BNG  lamentou a perda dunha proposta que contribuía á dinamización cultural e á proxección da cidade, e destacou que Versos na Barraca "é unha mostra do proxecto cultural do BNG: unha programación cultural estable durante todo o ano, ampliándoa nos meses de verán, cando o tempo permite facer actividades no exterior para que toda a veciñanza de Lugo poida desfrutar da cultura ao aire libre". 

As diversas edicións de Versos na Barraca trouxeron a Lugo a máis dun cento de artistas relacionadas coa poesía, facendo da Mosqueira "un gran escenario para a nosa cultura", dixo Iria Buide. Entre as persoas e grupos participantes nas diversas edicións atópanse Abraham Pérez, Beatriz Dourado; Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro, Pedro Granell, Anxo Angueira, Berlai, Branca Novoneyra, Ismael Ramos, Celso Sanmartín, Masha Álvarez, Benxamín Otero, Chus Pato, Yolanda Castaño, Colectivo Ronseltz, Esther F. Carrodeguas, Juanma Lodo, Estíbaliz Espinosa, Rosalía Fernández Rial, Isaac Garabatos, Jaro da Silva, Luís Alonso, Antom Fortes, Luís Valle, Sara Plaza, María Grandío, O Hevi (Malandrómeda), Antía Otero, Berta Dávila, Dores Tembrás, Lucía Aldao, Manuel Rivas, María Lado, O'Leo de Matamá, Olalla Cociña, Oriana Méndez, Piti Sanz, Gonzalo Hermo, Alba Cid, Leo Arremecághona, Xiana Arias, Nieves Neira, Lois Pérez, Jesús Castro, Xurxo Chapela, Samuel L. París, Olga Novo, Eva Veiga, Pilar García Rego, Miriam Ferradáns, Silvia Penas e Samuel Merino, Tamara de Andrés, Carlos da Aira ou Daniel Irimia.
 
Iria Buide: "O PP continúa a reducir a programación cultural da cidade, este é o primeiro verán en moitos anos que non conta co festival Versos na Barraca"