cidade
Novas

Iria Buide: "O PP continúa a reducir a programación cultural da cidade, este é o primeiro verán en moitos anos que non conta co festival Versos na Barraca"

A edil do BNG destacou que esta era "unha actividade xa consolidada" no calendario cultural do verán "que leva convertendo a Lugo no centro da poesía galega desde a primeira edición no 2020"

Nas distintas edicións de Versos na Barraca, a Mosqueira foi o escenario de máis de 50 poetas como Antón Reixa, Yolanda Castaño, Antía Otero ou Lois Pérez
Ler novas
Novas

Rubén Arroxo presenta o proxecto de humanización do Carril das Flores, "unha mellora estética integral dunha das zonas con máis potencial da cidade"

A rúa Carril das Flores converterase nunha plataforma única con novos espazos verdes e zonas de convivencia, ademais de renovar os servizos da rúa

Arroxo: "Con este proxecto melloramos un dos espazos da cidade que máis necesidade tiñan dunha reforma integral e avanzamos na creación do gran eixo de mobilidade peonil leste-oeste de Lugo"

O orzamento proxectado para ambas intervencións ascende a 1.148.978,51€, mentres que a tenencia de Alcaldía continúa a traballar na adquisición da casa en ruínas ubicada na esquina de Carril das Flores con Montero Ríos, "o que nos permitirá ampliar o proxecto e que esta actuación contemple a mellora integral da zona"

Ler novas
Novas

A área de Cultura convoca o 25º certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo

Maite Ferreiro: "Volve unha cita xa consolidada na axenda cultural do verán e que este ano volverá a achegar distintas visións da cidade a través da pintura"

As bases do certame, que se celebrará durante o vindeiro domingo 13 de xullo, publicaranse no BOP nos vindeiros días

                                                                     

Ler novas