O TENENTE ALCALDE ANUNCIOU A RENOVACIÓN DE TODOS OS PUNTOS DE LUZ DA RÚA, REDUCINDO O CONSUMO ENERXÉTICO EN 4.182 KWH ANUAIS
Rubén Arroxo: "Seguimos a mellorar a eficiencia enerxética da cidade renovando o alumeado da rúa Anxo López Pérez"

O Tenente Alcalde anunciou a renovación de todos os puntos de luz da rúa, reducindo o consumo enerxético en 4.182 kWh anuais
Lugo, 12 de abril de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo continúa a traballar no plan de renovación da rede de alumedao público de Lugo, cunha nova actuación que mellorará o alumeado da rúa Anxo López Pérez. Arroxo explicou que "seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas".
O Goberno de Lugo retira, con esta intervención, as antigas luminarias de Vapor de Sodio con potencias de 278W, instalando puntos Led de 130W, o que permitirá aforrar 3.182 kWh ao ano. O alumeado permitirá unha maior harmonización da contorna, ao ser unha luz uniforme en toda a trama e ao unificarse a temperatura de cor. Con esta actuación mellorarase tamén a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras, e renovaranse elementos da instalación como caixas de conexión e conductores e reducindo o risco de avarías na rede.
Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo "traballamos continuamente na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente". Os criterios utilizados á hora de realizar estas actuacións son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, o que diminúe as avarías e as molestias á veciñanza.