O TENENTE ALCALDE DIXO QUE "UN EDIFICIO COMO O AUDITORIO FUXAN OS VENTOS, FEITO POLA XUNTA E RECENTEMENTE INAUGURADO, NON DEBERÍA TER PROBLEMAS OS DÍAS DE TORMENTA"
Rubén Arroxo visitou diversas instalacións municipais afectadas pola choiva

O Tenente Alcalde dixo que "un edificio como o auditorio Fuxan os Ventos, feito pola Xunta e recentemente inaugurado, non debería ter problemas os días de tormenta"
Arroxo fixo balance e "pendentes de ver os danos nos Centros Escolares foron afectados o MIHL, o auditorio Fuxan os Ventos, instalacións deportivas e diversas infraestruturas"
Lugo, 12 de abril de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou diversas instalacións municipais acompañado de integrantes do equipo de goberno. "A auga entrou en moitos garaxes e estancias de planta baixa de propiedade particular, temos que tomar en serio estas tormentas e seguir evitando danos persoais" dixo Arroxo. Despois das tormentas provocadas pola borrasca Oliver que deixou na cidade de Lugo máis de 70 litros por metro cadrado, moitas rúas e garaxes quedaron anegadas, e diversas infraestruturas municipais sufriron o efecto desta intensa choiva.
O auditorio Fuxan os Ventos tivo que ser pechado pola choiva e risco electrico o Tenente Alcalde dixo que "un edificio como o auditorio Fuxan os Ventos, feito pola Xunta e recentemente inaugurado, non debería ter problemas os días de tormenta". Suspendeuse a obra teatral prevista para onte ás 20:30, Go Home, que se ia celebrar na sala principal e coa presenza do actor galego David Amor. As filtracions de auga afectaron a diversas zonas do edificio, escenarios, butacas, ascensores, salas de congresos, etc.
A apertura do auditorio está supeditada ao grado de penetración da auga e aos seus efectos sobre os equipamentos, cousa que se determinará esta semana. A intensa entrada de auga no interior da dotación cultural provocaba un risco eléctrico que ponía en risco todo o material electronico. As filtracions de auga no auditorio Fuxan os Ventos, foron unha das causas que motivaron o retraso da súa apertura con un importante gasto para o Concello.
Tamén se viron afectados outros edificios como o MIHL onde se manten a actividade con normalidade a pesares de que foi pechada unha das salas por despredementos de unha porción do falso teito. Arroxo fixo balance e "pendentes de ver os danos nos Centros Escolares foron afectados o MIHL, o auditorio Fuxan os Ventos, instalacións deportivas e diversas infraestruturas".
As Salas Museisticas da cidade non se viron afectadas e instalacións deportivas como o polideportivo de Frigsa acumulou auga debido a intensa choiva. Diversas rúas de titularidade municipal tamén sufriron afectacións pola grande cantidade de auga rexistrada.