municipais
Novas

Iria Buide anuncia que o vindeiro mércores 3 de setembro comeza o curso das escolas infantís municipais

As familias están convocadas a una xuntanza o día 2 ás 19 horas en cada una das 4 escolas da rede municipal, onde se tratarán temas relativos ao curso escolar

Iria Buide: "Continuamos a realizar un gran esforzo económico e administrativo para dar este servizo ás familias, mentres agardamos a que a Xunta se faga cargo das súas competencias e xestione directamente estas escolas"

Buide anunciou que volverá o xadrez xigante da praza Maior dentro das actividades de promoción do xadrez da concellería de Educación

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía colabora co Colexio de Arquitectos Técnicos de Lugo nunha análise da accesibilidade nas instalacións municipais

Rubén Arroxo: "Buscamos facilitar ao máximo a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, en todas as actuacións que realizamos, a accesibilidade é un dos puntos a revisar"

O COATLU, a través do seu gabinete de accesibilidade elaborará un informe sobre a accesibilidade nos edificios públicos municipais "para coñecer o estado real e planificar as actuacións de mellora que sexan necesarias"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo visitou diversas instalacións municipais afectadas pola choiva

O Tenente Alcalde dixo que "un edificio como o auditorio Fuxan os Ventos, feito pola Xunta e recentemente inaugurado, non debería ter problemas os días de tormenta"

Arroxo fixo balance e "pendentes de ver os danos nos Centros Escolares foron afectados o MIHL, o auditorio Fuxan os Ventos, instalacións deportivas e diversas infraestruturas"

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía organiza campamentos de pascua nas casas das linguas municipais e no MIHL


Maite Ferreiro: "Queremos ofertar unha alternativa para a conciliación na que as nenas e nenos se acheguen a outras linguas de maneira lúdica"

As actividades desenvolveranse nas dúas casas das linguas municipais os días 14, 15 e 16 de abril entre as 09:30 e as 13:30, destinadas a nenas e nenos nados entre o 2015 e o 2021

No MIHL, as actividades serán os días 14, 15, 16 e 21 de abril, entre as 09:15 e as 13:45, para nenas e nenos nados entre 2013 e 2021

Ler novas