ELVIRA LOMBAO: "ESTASE LIMITANDO O NOSO DEREITO A PRESENTAR PROPOSTAS E A PARTICIPAR PLENAMENTE NA VIDA POLÍTICA DO CONCELLO. É UNHA FORMA DE SILENCIAR Á OPOSICIÓN E CONTROLAR O PLENO COMO SE FOSE UNHA EXTENSIÓN DO SEU PARTIDO"

O BNG de Outeiro de Rei denuncia a actitude antidemocrática e sectaria do alcalde nos plenos municipais

Elvira Lombao: "Estase limitando o noso dereito a presentar propostas e a participar plenamente na vida política do Concello. É unha forma de silenciar á oposición e controlar o pleno como se fose unha extensión do seu partido"

O BNG de Outeiro de Rei denuncia a actitude antidemocrática e sectaria do alcalde nos plenos municipais

 


Outeiro de Rei, 29 de xuño de 2025. O BNG de Outeiro de Rei denuncia publicamente a actitude antidemocrática e sectaria do alcalde durante o pleno municipal celebrado este xoves 29 de xuño, no que se vulneraron os dereitos das concelleiras do grupo municipal.

O rexedor impediu o debate das emendas presentadas polo BNG á ordenanza reguladora do viveiro de empresas, incumprindo o artigo 134.2 da Lei de Réxime Local, que recoñece expresamente o dereito das concelleiras a defender e votar individualmente cada emenda.

A concelleira do BNG, Elvira Lombao, foi clara ao respecto:
"O alcalde quixo calar ao BNG e impedirnos exercer os nosos dereitos como representantes da veciñanza. É un feito gravísimo, non só pola cuestión política, senón pola falta de respecto institucional que demostra cara á democracia local."

Lombao engadiu: "Estamos fartas de que se utilice a maioría absoluta como unha ferramenta de censura. Unha cousa é aprobar propostas co voto maioritario e outra moi distinta é impedir o debate democrático no pleno."

Outra mostra máis da actitude autoritaria do alcalde é a constante obstrución ao labor do BNG, impedindo que presentemos máis dunha moción por pleno. Mesmo cando intentamos introducir mocións por urxencia, tampouco se nos permite.
"Estase limitando o noso dereito a presentar propostas e a participar plenamente na vida política do Concello. É unha forma de silenciar á oposición e controlar o pleno como se fose unha extensión do seu partido", denunciou Elvira Lombao.

Desde o BNG sinalan que esta non é unha situación illada, senón unha constante por parte do grupo de goberno do PP.
"Vimos sufrindo un trato sistematicamente discriminatorio e autoritario. As concelleiras do BNG estamos sendo silenciadas de forma reiterada. Non o imos permitir máis", concluíu a concelleira nacionalista.

O BNG anuncia que tomará as medidas necesarias para defender os dereitos que lle corresponden como grupo municipal e seguirá traballando para garantir a participación democrática e o respecto institucional no Concello de Outeiro de Rei.

O BNG de Outeiro de Rei denuncia a actitude antidemocrática e sectaria do alcalde nos plenos municipais