O grupo municipal do BNG de Guitiriz ven de solcitarlle á Alcaldía a convocatoria dun Pleno Extraordinario Urxente de carácter monográfico para manifestar o rexeitamento frontal ao peche do centro de saúde estes tres meses
Gutiriz, 26 de xuño de 2025.- Vimos de coñecer por medio dos traballadores do Centro de Saúde de Parga, da decisión do Sergas, por medio da ärea Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, de manter pechadas as instalacións do Centro de Saúde durante os meses de xullo, agosto e setembro.
O feito de ter que coñecer esta decisión polos propios traballadores e traballadoras do Centro, sen comunicación oficial algunha que xustifique esta medida, seméllanos lamentábel e todo un desprezo tanto aos usarios e usuarias, coma para o propio Concello de Guitiriz coma institución, impropio dunha administración seria.
Alén disto, a medida do peche total do centro de saúde é unha medida inxusta, desporporcionada e carente de fundamento que supón un auténtico varapao aos mais de 1500 usuarios e usuarias deste centro que se van a ver desprazados a Guitiriz durante tres meses, co que iso supón en desprazamentos, en medios propios ou alleos, molestias e un aumento mais que probable nas listas de espera para a atención co médico de cabeceira.
O Centro de Saúde de Parga, como xá sabemos, foi un dos que sufriu os efectos da pésima xestión sanitaria na época da Covid, o que supuxo que dende a Xerencia, quixeran aproveitar para o seu peche definitivo centralizando toda a actividade no Centro de Saúde de Guitiriz.
Debido á mobilización da veciñanza de Parga e de usuarios e usuarias, puidose frear ese peche e, transformalo nun peche parcial carente de sentido, con dous médicos que prestan servizo dous días á semán en Parga e tres en Guitiriz e co servizo de enfermería prestando servizo catro días en Parga e ún en Guitiriz, que a pesar de non ter xustificación lóxica algunha, tomouse coma o mal menor.
Agora a Xerencia do Sergas, volta ao ataque cun novo golpe ao noso Centro de Saúde que, unido a que en Outubro marcha unha das médicas titulares de Parga a outro destino e a que o ATS só ten garantida a súa presenza en Parga até ese mesmo mes, pode indicar que o que está detrás deste peche de tres meses sexa a antesala do peche definitivo e da reubicación de tódolos servizos en Guitiriz.
En definitiva, é moi probable que estemos diante dunha decisión política por parte do Goberno do PP, planificada e tomada fai meses, agardando a poder levala a cabo nas circunstancias actuais, unha vez que pensan que os usuarios e usuarias xá teñen asumida a posibilidade do desprezamento a Guitiriz e visto que, a priori, non hai convocatorias electorais a curto prazo.
Estariamos, xá que logo diante da execución da vinganza perfecta por parte dun PP e dunha Xerencia que non poden asumír que a cidadanía se mobilice na defensa dos seus servizos públicos e rexeitando as políticas de desmantelamento que está a levar a cabo o Goberno da Xunta do PP coa atención primaria no rural.
É por isto que o Grupo Municipal do BNG de Guitiriz ven de solicitarlle á Alcaldía a convocatoria dun Pleno Extraordinario Urxente de carácter monográfico para manifestar o rexeitamento frontal ao peche do centro de saúde estes tres meses, esixír o reforzamento dos servizos durante o verán e instar á Xerencia dos sergas a aclarar o futuro do centro de saúde ao remate do verán. A alcadía aceptou dito pleno e esta convocado para o vindeiro luns 30 ás 13,30