municipal
Novas

O BNG propón recuperar as medidas especiais para o persoal municipal ante o calor extremo do verán

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, afirmou que "é preciso volver adaptar os horarios de traballo de persoal de servizos como as brigadas municipais para que non realicen o seu traballo nas horas de máis calor, como se fixo xa en anos anteriores"

Segundo os datos recentes, a calor extrema supón unha suba do risco de mortalidade de ata o 60%

Arroxo lembrou que "o Concello xa puxo en marcha medidas similares o ano pasado, agardamos que o PP tamén se preocupe polo benestar das e dos traballadores municipais"
Ler novas