BUIDE: "A REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS PRESTAN UN SERVIZO INTEGRAL DE CARÁCTER SOCIAL E EDUCATIVO QUE ATENDE A TODAS AS FACETAS DA APRENDIZAXE"

Iria Buide visita a Escola Infantil Municipal María Wonenburger

Buide: "A rede de escolas infantís municipais prestan un servizo integral de carácter social e educativo que atende a todas as facetas da aprendizaxe"

Buide lembrou que o Goberno de Lugo vén de completar o proceso de matrícula nas escolas para o curso 2025-26

Iria Buide visita a Escola Infantil Municipal María Wonenburger




Lugo, 24 de xuño de 2025. A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitoua Escola Infantil María Wonenburger, ubicada no barrio da Piringalla, onde destacou o "importante papel" das escolas infantís "no desenvolvemento harmónico e integral das nenas e nenos, realizando ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilita o acceso dos pais e nais ao mundo laboral". Buide lembrou que a Tenencia de Alcaldía completou xa o procedemento ordinario de matrícula para o curso 2025-26, e destacou que esta visita serve para "coñecer as necesidades de cara ao inicio do vindeiro curso para garantir a calidade nesta instalación"

As escolas infantís municipais prestan un servizo integral de carácter social e educativo que atende todas as facetas da aprendizaxe, motricidade, control corporal, primeiras manifestacións da comunicación e da linguaxe, pautas elementais de convivencia, relación social e descubrimento do entorno inmediato, realizando un traballo conxunto entre o ámbito escolar, a familia e o entorno físico. O compoñente asistencial está referido á prestación de todos os coidados necesarios como a hixiene, limpeza, o cambio de roupa, manutención e atención á saúde dos menores.

Buide explicou que o Concello realiza un investimento anual superior a 1.5 millóns de euros para o mantemento das escolas, "desde o Concello de Lugo realizamos un gran esforzo para cumprir cunha competencia, a educación infantil de 0 a 3 anos, que é da Xunta de Galiza",  e engadiu "seguiremos a realizar un gran esforzo económico e administrativo para dar este servizo ás familias, mentres agardamos a que a Xunta se faga cargo das súas competencias e xestione directamente estas escolas".

Iria Buide visita a Escola Infantil Municipal María Wonenburger