ANTÓN BAO, RESPONSÁBEL LOCAL: "O BNG É UNHA ORGANIZACIÓN DEMOCRÁTICA, A MILITANCIA DECIDE AS CUESTIÓNS IMPORTANTES DA ORGANIZACIÓN COMO ESCOLLER A CABEZA DE LISTA PARA AS ELECCIÓNS"
O BNG de Lugo inicia o procedemento á elección de cabeza de lista de cara ás municipais do 2027
A asemblea local celebrada hoxe decidiu comezar o traballo interno de cara á cita electoral do 23 de maio do 2027
Antón Bao, responsábel local: "O BNG é unha organización democrática, a militancia decide as cuestións importantes da organización como escoller a cabeza de lista para as eleccións"
Antón Bao, responsábel local: "O BNG é unha organización democrática, a militancia decide as cuestións importantes da organización como escoller a cabeza de lista para as eleccións"
13 abr. 2026 - 09:28
Lugo, 06 de abril de 2026. A Asemblea Local do BNG de Lugo reuniuse hoxe para comezar a traballar no proceso interno de confección de candidatura de cara ás eleccións municipais do 2026, seguindo o calendario de traballos establecido pola Dirección Nacional do BNG. O Responsábel Local do BNG, Antón Bao, explicou que "o BNG é unha organización democrática, e todas as cuestións importantes, como a cabeza de lista de cara a unhas eleccións municipais, escóllense entre toda a militancia".
O BNG abrirá un prazo durante o cal calquera militante poderá presentar a súa candidatura para unhas eleccións nas que, segundo declarou Bao, "imos ir a por todas para avanzar con ilusión e ganas de seguir no cambio profundo que estamos a executar en Lugo". Unha vez rematado o prazo, a Asemblea Local volverá reunirse e escollerá a persoa que encabezará a candidatra de Lugo.
A proposta que aprobe a Asemblea Local será posteriormente refrendada polo Consello Comarcal e polo Consello Nacional do BNG. Antón Bao afirmou que o BNG "foi escollida como a organización política máis democrática segundo o estudo realizado pola iniciativa +democracia, o que se demostra con procedementos como este, onde se da a voz a toda a militancia".