IRIA CASTRO, VOCEIRA MUNICIPAL DO BNG EN CASTROVERDE: "ESTAMOS NO ECUADOR DO MANDATO E AS POLÍTICAS DE JOSÉ MARÍA ARIAS SON DECEPCIONANTES E CONTINUISTAS"

O BNG de Castroverde solicita ao goberno local o uso de inmobles municipais para convertelos en vivendas de alugueiro social

Iria Castro, voceira municipal do BNG en Castroverde: "Estamos no ecuador do mandato e as políticas de José María Arias son decepcionantes e continuistas"

O BNG de Castroverde solicita ao goberno local o uso de inmobles municipais para convertelos en vivendas de alugueiro social

 

 

 

Castroverde, 27 de maio 2025. O grupo municipal do BNG de Castroverde levara no vindeiro pleno dúas mocións que recollen demandas da veciñanza: a mellora do servizo de limpeza municipal e tamén a utilización de inmobles municipais sen uso para destinalos a vivendas de alugueiros sociais.

Estamos no ecuador do mandato e dende o BNG observamos que non só non se está cumprindo o programa electoral do PSOE, senón que o equipo de goberno de Castroverde obvia en todas as súas accións o maior problema do concello: a perda de poboación acelerada que José María Arias non foi quen de frenar e tampouco pon os medios necesarios.

Dende o BNG cremos que esta iniciativa é positiva para que o concello asente poboación e como responsables políticos temos que poñer os medios: neste caso levamos unha moción para utilizar colexios municipais como o de Bolaño, en desuso e en situación de abandono polo alcalde e transformalo en vivendas de alugueiro social que poden ser de moita axuda para a independencia da mocidade ou tamén poderían valer para persoas en situación de exclusión social.

"Sabemos que a política de vivenda é competencia exclusiva da Xunta de Galiza pero recollemos a experiencia de gobernos municipais do BNG, como a Pobra de Brollón que con axuda de outras administracións levaron a cabo actuacións en varias escolas e hoxe téñenas ocupadas e revitalizan varias aldeas. Así colaboramos coa revitalización de diferentes puntos do concello e impulsamos o asentamento poboacional" concluíu Iria Castro.

O BNG de Castroverde solicita ao goberno local o uso de inmobles municipais para convertelos en vivendas de alugueiro social