RUBÉN ARROXO E ALEXANDRE PENAS SUPERVISARON HOXE OS TRABALLOS DE RECOLOCACIÓN NA PRAZA ARMANYÁ

O Concello de Lugo reubica o miliario histórico derrubado por un vehículo no centro da cidade

Rubén Arroxo e Alexandre Penas supervisaron hoxe os traballos de recolocación na Praza Armanyá

Penas: "Colocar este miliario no seu lugar orixinal é un compromiso coa nosa memoria e unha mostra do respecto pola historia da cidade"

O Concello de Lugo reubica o miliario histórico derrubado por un vehículo no centro da cidade

 

 

Lugo, 08 de xullo de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o responsable da Área de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, supervisaron hoxe os traballos de recolocación do miliario romano situado na Praza Armanyá, que fora derrubado por un vehículo o pasado mes de xaneiro.

O incidente, rexistrado o 25 de xaneiro, provocou a caída do miliario, que sufriu danos que xa foran avaliados polo servizo técnico municipal. A peza foi reparada por unha empresa especializada en traballos de metalurxia, co obxectivo de garantir a súa integridade estrutural e estética antes de proceder á súa recolocación definitiva. A recolocación realizouse cun sistema de anclaxe reforzado que garante a súa estabilidade e resistencia ante posibles impactos.

O concelleiro engadiu que "consideramos fundamental preservar o noso patrimonio arqueolóxico e histórico, pois colocar este miliario no seu lugar orixinal é un compromiso coa nosa memoria e unha mostra do respecto pola historia da cidade".

O Concello de Lugo reubica o miliario histórico derrubado por un vehículo no centro da cidade