OLALLA RODIL: "ESIXIMOS Á XUNTA DE GALIZA QUE DEIXE DE XOGAR COA VECIÑANZA DE DOIRAS E MANTEÑA O CONSULTORIO ABERTO"
O BNG denuncia o peche do consultorio de Doiras, outra vez máis, durante os meses de verán
Olalla Rodil: "Esiximos á Xunta de Galiza que deixe de xogar coa veciñanza de Doiras e manteña o consultorio aberto"
Cervantes, 9 de xullo de 2025.- O Bloque Nacionalista Galego a través da súa deputada no Parlamento Galego, Olalla Rodil, denuncia unha vez máis as mentiras do PP e da Consellaría de Sanidade pois volveron pechar o consultorio de Doiras.
A veciñanza de Doiras esta descontenta coa xestión que o fai co consultorio de Doiras, e unha vez mais ve como lle toman o pelo, "demandamos que se manteña o consultorio aberto porque é a única maneira de garantir a equidade e accesibilidade da poboación á asistencia sanitaria" " explica a deputada.
A veciñanza non tivo información deste peche ata que se foron achegando ao consultorio e o atoparon pechado porque a politica de censura do PP, en concreto de Ramón Ares, non permite nin tan sequera a colocación de carteis para informar do peche porque toda a información que se difunda ten que ter o "permiso" deles e o que é peor esta censura esta avalada polo presidente da Xunta.
Este peche sumase a todo un desmantelamento de servizos da montaña lucense, pois non só é sanidade, tamén é educación, atención ás persoas maiores, infraestruturas e un longo etc....
Dende o BNG demandamos un compromiso coa veciñanza para manter aberto este consultorio, pois defendemos a sanidade pública de todo o país especialmente o da zona da montaña lucense pois supón unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas, "seguiremos apoiando á veciñanza e levando esta cuestión ao Parlamento Galego porque é un dereito fundamental poder a asistencia sanitaria preto do teu domicilio, porque é de xustiza social e é un dereito fundamental que non nos poden roubar" concluíu Olalla Rodil.