DURANTE A SÚA INTERVENCIÓN, A DEPUTADA NACIONALISTA MONTSERRAT VALCÁRCEL ALUDIU DIRECTAMENTE AO CASO DA PLANTA PROXECTADA EN COESES, LEMBRANDO QUE "A VECIÑANZA LEVA MÁIS DUN ANO MOBILIZÁNDOSE"

O BNG propón regular as plantas de biometano, como a prevista en Coeses, PP e PSOE rexeitan a iniciativa

Durante a súa intervención, a deputada nacionalista Montserrat Valcárcel aludiu directamente ao caso da planta proxectada en Coeses, lembrando que "a veciñanza leva máis dun ano mobilizándose"

Rubén Arroxo lamentou que PP e PSOE votasen distinto ao acordado no Pleno municipal de Lugo

O BNG propón regular as plantas de biometano, como a prevista en Coeses, PP e PSOE rexeitan a iniciativa

 

 

Lugo, 09 de xullo de 2025. O Parlamento Galego rexeitou hoxe a proposta presentada polo BNG para regular a implantación de plantas de biometano, que buscaba garantir distancias mínimas respecto dos núcleos habitados e un marco normativo claro para este tipo de instalacións. A iniciativa contou unicamente co apoio do BNG, mentres que o PSOE se abstivo e o PP votou en contra, a pesar de que ambos grupos adoptaran unha posición diferente no pleno do Concello de Lugo, onde se aprobou unha proposta similar o pasado 29 de maio.

Durante a súa intervención, a deputada nacionalista Montserrat Valcárcel aludiu directamente ao caso da planta proxectada en Coeses, lembrando que "a veciñanza leva máis dun ano mobilizándose para pedirlle á Xunta que paralice este proxecto, que pon en risco a súa calidade de vida, mentres o Goberno galego opta por poñerlle a alfombra vermella ao declarálo como proxecto estratéxico". Subliñou que "non estamos ante unha cuestión teórica, senón ante unha realidade que afecta a persoas concretas, que ven como se comprometen os seus dereitos sen contar con protección legal por parte das institucións".

A representación veciñal estivo acompañada polo Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e concelleiros do BNG, que criticaron a falta de coherencia dos partidos. "O mesmo PSOE e o mesmo PP que no Concello de Lugo asumiron a necesidade de afastar estas plantas das vivendas, hoxe deron as costas á veciñanza no Parlamento", afirmou Arroxo.


A proposta nacionalista incluía medidas concretas como establecer unha distancia mínima de 3.000 metros entre as plantas e os núcleos habitados, limitar a capacidade máxima das instalacións a 200.000 toneladas anuais, restrinxir o tránsito de transporte pesado vinculado a estas plantas, e garantir o control dos materiais empregados e do dixestato resultante."Propoñemos adoptar medidas lexislativas similares ás que xa están vixentes en Castela e León, así como seguir as recomendacións técnicas da Asociación Española do Biogás, pero adaptadas ás particularidades do noso territorio", subliñou Valcárcel

Desde o BNG advertiron que seguirán traballando para evitar a instalación da planta de Coeses e para que Galiza conte cun marco legal que impida a proliferación desordenada destas instalacións.

O BNG propón regular as plantas de biometano, como a prevista en Coeses, PP e PSOE rexeitan a iniciativa