co
Novas

Iria Buide: "O PP continúa a reducir a programación cultural da cidade, este é o primeiro verán en moitos anos que non conta co festival Versos na Barraca"

A edil do BNG destacou que esta era "unha actividade xa consolidada" no calendario cultural do verán "que leva convertendo a Lugo no centro da poesía galega desde a primeira edición no 2020"

Nas distintas edicións de Versos na Barraca, a Mosqueira foi o escenario de máis de 50 poetas como Antón Reixa, Yolanda Castaño, Antía Otero ou Lois Pérez
Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía retoma os vieiros escolares seguros co inicio do novo curso


Iria Buide, concelleira de Educación, destacou que este servizo "que permite facilitar a conciliación familiar e os hábitos de vida saudables, ademais de reducir o tráfico na contorna dos centros de ensino"

A concellería de Educación enviará nos vindeiros días unha carta a todas as familias dos CIEP Albeiros, Casás, Luís Pimentel, Paradai e Rosalía de Castro explicando o funcionamento do servizo en cada un dos centros

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía colabora co Colexio de Arquitectos Técnicos de Lugo nunha análise da accesibilidade nas instalacións municipais

Rubén Arroxo: "Buscamos facilitar ao máximo a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, en todas as actuacións que realizamos, a accesibilidade é un dos puntos a revisar"

O COATLU, a través do seu gabinete de accesibilidade elaborará un informe sobre a accesibilidade nos edificios públicos municipais "para coñecer o estado real e planificar as actuacións de mellora que sexan necesarias"

Ler novas