O BNG demandará información sobre a planificación do goberno ante os incendios rurais durante o verán
O Concello de Lugo conta máis de 100.000€ de orzamento para a contratación dunha brigada de 5 persoas durante os 3 meses do verán
A deputada Montserrat Valcárcel e o deputado Secundino Fernández visitaron unha explotación gandeira no lugar de Lamas de Campos (A Fonsagrada), unha das comarcas afectadas pola enfermidade
O BNG denuncia o abandono total do sector gandeiro ao que a EHE lles supón uns custes medios de 400 euros por animal infectado
Maite Ferreiro: "Con esta medida aumentamos en gran cantidade o número de turistas atendidas durante o verán"
A atención manterase ata finais do San Froilán
Os datos do último mostran un crecemento no turismo no concello de Lugo do 35% con respecto a 2018
O BNG segue co Carpa-Bus e “somos os únicos que facemos algo polo bus nesta cidade” dixo Arroxo que estivo recollendo as propostas de veciñas e veciños
“Queremos saber cal é a cifra oficial de atropelos para tomar medidas ao respecto, xa que temos constancia de polo menos 36 atropelos no 2017” dixo Arroxo
“Tanto Xunta como Concello gardan silencio sobre este tema e temémonos que nin PP, nin PSOE, teñen interese en que se volva a falar do asunto” afirmou Arroxo
O BNG fará unha campaña de divulgación polas parroquias para informar a veciñas e veciños de como actuar se saben dalgún vertedoiro de lixo
Lugo, 6 de setembro de 2016. A concelleira do BNG, Maite Ferreiro, denuncia a falta de información que están a ter os pais e as nais a respecto do servizo de almorzos dos colexios “A falta de 4 días para o inicio das clases as familias non saben se van ter nos seus centros este servizo, isto está a causar importantes problemas para organizar a conciliación familiar”. Dende o grupo nacionalista consideran que esta situación está a provocar que nais e pais estean na busca de alternativas, dado que temen chegar ao inicio do curso sen posibilidade de atopar solucións no caso de que ao final non exista este servizo. O propio grupo do BNG explicou que nestes días recibiron avisos de pais e nais preocupados pola situación “dado que cando chaman non lles son capaces de confirmar nada”.

Para o BNG este é un novo caso de mala xestión por parte do goberno municipal que se suma ao caso dos propios comedores, “onde ao final quen está a pagar son as familias”. Maite Ferreiro lembrou que a Xunta está a incumprir con Lugo nesta materia, xa que debera ser quen se responsabilizase desta cuestión, mais que en todo caso o concello ten que poñer as debidas xestións en funcionamento para evitar que os nenos e nenas de Lugo queden sen este servizo.