MAITE FERREIRO: "CON ESTA MEDIDA AUMENTAMOS EN GRAN CANTIDADE O NÚMERO DE TURISTAS ATENDIDAS DURANTE O VERÁN"

Maite Ferreiro anuncia a volta do posto de información turística da praza Maior

Maite Ferreiro: "Con esta medida aumentamos en gran cantidade o número de turistas atendidas durante o verán"


A atención manterase ata finais do San Froilán

Maite Ferreiro anuncia a volta do posto de información turística da praza Maior



Lugo, 31 de maio de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e Rubén Arroxo, Tenente Alcalde, visitaron o posto de atención turística da praza Maior, que comezou a funcionar hoxe. Maite Ferreiro destacou a importancia deste punto, "que nos permite aumentar ano tras ano a cantidade de visitantes que reciben información turística á súa chegada a Lugo para mellorar a súa estancia na cidade".

Durante o ano pasado, o punto de información turística atendeu en a preto de 50.000 persoas. Entre os visitantes que se achegaron ás distintas instalacións turísticas, destacaron os procedentes do resto de Galiza, ademais das principais zonas do estado como Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas estranxeiros rexistrados nas estatísticas municipais, onde hai rexistros de turistas de distintos países de todo o mundo.

Maite Ferreiro anuncia a volta do posto de información turística da praza Maior