O CONCELLO DE LUGO APOIOU O 27 DE FEBREIRO DO 2020 A PROPOSTA DA XUNTA PARA DECLARAR COMO BEN DE INTERESE INMATERIAL A OFRENDA DO REINO DE GALIZA

Maite Ferreiro: “O PP confirma que non ten proxecto para Lugo, xa que volve traer ao Pleno unha moción aprobada no ano 2020”

O Concello de Lugo apoiou o 27 de febreiro do 2020 a proposta da Xunta para declarar como Ben de Interese Inmaterial a Ofrenda do Reino de Galiza

A concelleira insiste en que 4 anos despois voltan solicitar que o Concello urxa á Xunta a facer algo que prometeu e non cumpríu

Maite Ferreiro: “O PP confirma que non ten proxecto para Lugo, xa que volve traer ao Pleno unha moción aprobada no ano 2020”

 

Lugo, 31 de maio de 2024. A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, recriminou ao grupo municipal do Partido Popular a volta ao Pleno Municipal da proposta de declaración da Ofrenda do Reino de Galiza como Ben de Interese Cultural. Ferreiro explicou que isto confirma que o PP non ten proxecto para a cidade de Lugo, xa que “devolve ao Pleno unha moción que xa foi debatida e aprobada no ano 2020”, explica.

O 27 de febreiro do 2020 o Pleno do Concello de Lugo amosou o seu apoio á proposta da Xunta para declarar como BIC a Ofrenda do Reino de Galiza. A concelleira indicou que xa daquela o partido da oposición funcionaba “a golpe de noticias que saían nos medios de comunicación”, pois o día 6 de febreiro, 21 días antes de presentarse a moción, “a prensa presentaba a nova de que a Xunta iniciaría os trámites para promover dita declaración a instancias do bispado de Lugo”, argumenta Maite Ferreiro.

“O Partido Popular presentou o moción despois de que a Xunta xa se pronunciara afirmativamente, pero 4 anos despois as cousas seguen igual, e voltan solicitar ao Concello que urxa á Xunta a facer algo que prometeu e que non cumpríu”, insiste a concelleira de Goberno. Porén, Ferreiro anima ao grupo popular a “buscar tamén o apoio do Pleno para solicitar que o señor Rueda, e o resto do goberno da Xunta, cumpran todos os compromisos adquiridos con Lugo”, tales como a rehabilitación da Tinería, do cuartel de San Fernando ou a mellora das condicións dos centros de saúde da cidade, insiste.

Maite Ferreiro: “O PP confirma que non ten proxecto para Lugo, xa que volve traer ao Pleno unha moción aprobada no ano 2020”