NO MES DE XULLO, MÁIS DE 9.000 PERSOAS RECIBIRON INFORMACIÓN NOS POSTOS TURÍSTICOS DO CONCELLO E MAITE FERREIRO SINALOU “A IMPORTANCIA DUNHA ACTUACIÓN COORDINADA EN MATERIA TURÍSTICA”
A colocación dunha caseta de información turística na praza Maior aumenta o número de persoas atendidas nun 64%
Os datos do último mostran un crecemento no turismo no concello de Lugo do 35% con respecto a 2018
Lugo, 9 de agosto de 2019. Segundo os datos facilitados hoxe pola concelleira Maite Ferreiro, neste mes achegáronse ás oficinas de turismo municipal un total de 9553 persoas dirixíronse a estas dependencias demandando información sobre a cidade. Comparados co mesmo período do ano pasado, os datos revelan un aumento do 64% no número de persoas atendidas, o que segundo a Ferreiro se debe “ao éxito da colocación da caseta de información na Praza Maior”.
Os datos do último trimestre confirman tamén este incremento na demanda de información turística. De maio a xullo deste ano, rexistráronse un total de 17.030 visitas á oficina municipal de turismo, fronte aos 12.552 do ano anterior, o que supón un aumento do 35%. O ano 2018 pechouse cun total de 42.631 visitantes, “cifra que agardamos superar este ano”, indicou Maite Ferreiro.
|
Maio - Xullo |
Xullo |
2018 |
12552 |
5817 |
2019 |
17030 |
9553 |
Diferencia |
+35,68% |
+64,23% |
Segundo Maite Ferreiro, “os datos que publicou a Xunta de Galiza no día de onte non contemplan os datos das oficinas de turismo”. Maite Ferreiro indicou que “debemos de revisar o traballo das institución en materia turística, no caso de Lugo, resulta paradigmático o feito de que existan dúas oficinas de turismo separadas escasos 50 metros na zona da pza do Campo, tendo en conta que a ubicación con máis demanda está a ser a caseta da Praza Maior”. Ferreiro sinalou que “traballaremos co resto de institucións por que entendemos que a actuación en materia turística ten que ser coordinada e efectiva”.