ARROXO SOLICITA O COMPROMISO DA XUNTA PARA ARRANXAR CANTO ANTES A RÚA SERRA DE MEIRA E A CALZADA DAS GÁNDARAS

Rubén Arroxo solicita unha xuntanza co delegado da Xunta para desbloquear o Plan Paradai

Aínda faltan por executar 3 das 9 fases do convenio asinado entre a Xunta e o Concello

Rubén Arroxo solicita unha xuntanza co delegado da Xunta para desbloquear o Plan Paradai

Lugo, 12 de agosto de 2019. O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que solicitará unha xuntanza co delegado da Xunta en Lugo para desbloquear o Plan Paradai. Arroxo lembrou que “neste momento o Plan Paradai non existe, xa que quedou finiquitado dende o 31 de decembro de 2015 coa aceptación da adenda nº3 por parte do concello”. Segundo Arroxo, “varios viais, como poden ser a rúa serra de Meira e a calzada das Gándaras, precisan dunha actuación urxente debido á súa situación de deterioro”. Arroxo lembrou que no caso da rúa Serra de Meira débese modificar o proxecto, debido a que a proposta da Xunta foi rexeitada pola CHMS por afectar ao Rato.

 

“Este plan é competencia da Xunta, e é esta administración a que ten que investir para o arranxo destas rúas”, indicou Arroxo, que engadiu “debe haber un compromiso canto antes por parte do goberno galego para solucionar o arranxo destas rúas”. Para a Xunta, o Plan Paradai rematou coa obra da ponte sobre a vía do Ferrocarril, “máis aínda quedan actuacións pendentes que resultan fundamentais para o desenvolvemento da zona”.  

 

Arroxo lembrou que no convenio asinado inicialmente pola Xunta de Galiza e o Concello de Lugo, o Plan Paradai estaba dividido en 9 fases das cales aínda faltan por executar 3 das fundamentais. Na fase 1 recollíase a urbanización da praza Conde Fontao. Na fase 2, ademais da obra realizada da ponte sobre a vía do tren, contemplábase a rúa Serra de Meira, incluíndo o enlace coa N-640. Outra das fases sen executar é a fase 5, na que se falaba da urbanización da Calzada das Gándaras

Rubén Arroxo solicita unha xuntanza co delegado da Xunta para desbloquear o Plan Paradai