MARUXA BARDASCO: "A CHEGADA DO VERÁN AUMENTA A POBOACIÓN EN CERVANTES E A XUNTA SEGUE A MANTER A REDUCCIÓN DE PERSOAL SANITARIO NO CONCELLO"
A veciñanza de Cervantes mantén viva a mobilización para esixir unha sanidade pública digna na montaña lucense
Maruxa Bardasco: "A chegada do verán aumenta a poboación en Cervantes e a Xunta segue a manter a reducción de persoal sanitario no Concello"
Cervantes, 2 de xullo de 2026.- A veciñanza de Cervantes volveu concentrarse hoxe, 2 de xullo, diante do consultorio de Doiras para reclamar solucións urxentes á situación sanitaria que sofre o concello e denunciar a total inanición que a Xunta de Galiza ten hacia a poboación deste concello da montaña lucense con un consultorio permanece pechado e unha atención sanitaria que segue sen estar garantida.
A mobilización, que dá continuidade ás convocatorias impulsadas pola propia veciñanza, evidencia que o malestar non deixa de medrar ante a falta de respostas da Consellería de Sanidade. As persoas participantes volveron reclamar a reapertura do consultorio de Doiras e unha cobertura sanitaria estábel que dea resposta ás necesidades dun concello marcado polo envellecemento da poboación, a dispersión xeográfica e as dificultades de desprazamento.
A responsábel local do BNG en Cervantes, Maruxa Bardasco, asegurou que “a veciñanza está demostrando unha enorme perseveranza porque leva meses reclamando algo tan básico como poder acceder a unha atención sanitaria digna sen obter ningunha solución por parte da Xunta”.
Bardasco criticou que “o Partido Popular leva demasiado tempo facendo promesas que nunca se concretan, mentres as persoas de Cervantes seguen sufrindo unha atención sanitaria claramente insuficiente”. Ao seu xuízo, “o Goberno galego non pode seguir tratando a sanidade da montaña como un servizo de segunda”.
A responsábel nacionalista advertiu tamén da especial preocupación que existe entre a veciñanza ante a chegada do verán. "Nos próximos días aumenta considerablemente a poboación do concello coa chegada de familias que regresan para pasar as vacacións, precisamente no momento en que a Xunta reduce aínda máis os recursos sanitarios. É incomprensíbel que cando máis demanda asistencial vai haber, o centro de saúde de Doiras siga pechado e o de San Román baixo mínimos" o que implica que non se ofrezan garantías de ter unha atención sanitaria adecuada para a veciñanza nin ás persoas que pasan aquí o verán", sinalou.
Desde o BNG lembran que garantir a asistencia sanitaria no rural non é só unha cuestión asistencial, senón tamén de igualdade de dereitos e de cohesión territorial. “Se queremos manter vivos os nosos pobos, é imprescindible asegurar servizos públicos de calidade. Sen sanidade non hai futuro para o rural”, concluíu Bardasco.