A PORTA PRINCIPAL DO HULA LEVA MÁIS DUN MES FÓRA DE SERVIZO, "O QUE DEBERÍA SER UN AMAÑO CASE INMEDIATO ESTASE A CONVERTER NUNHA MOLESTIA PARA AS PERSOAS USUARIAS", AFIRMOU ARROXO

O BNG reclama á Xunta que amañe a porta principal do HULA

Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo: "cada pouco tempo vemos como o mantemento dos edificios públicos non é unha prioridade para a Xunta"

A porta principal do HULA leva máis dun mes fóra de servizo, "o que debería ser un amaño case inmediato estase a converter nunha molestia para as persoas usuarias", afirmou Arroxo
O BNG reclama á Xunta que amañe a porta principal do HULA


Lugo, 23 de novembro de 2025. O Portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou á Xunta de Galiza que amañe "de xeito inmediato" a porta de entrada principal do HULA. Arroxo afirmou que "levamos un mes recibindo queixas de veciñas e veciños pola falta de mantemento desta estructura, o que demostra que para a Xunta o mantemento dos edificios públicos non é unha prioridade", explicou.

Rubén Arroxo afirmou que "vemos un exemplo máis de como atende a Xunta a Lugo", e lembrou que nos últimos días o BNG tamén reclamou que se realice o mantemento necesario na instalación lumínica da Muralla "que ten máis de 100 luminarias apagadas a poucos días de celebrar o 25º aniversario da declaración deste Monumento como Patrimonio da Humanidade".

O portavoz do BNG afirmou que "a Xunta traballa para discriminar a Lugo", e afirmou que "a falta de mantemento das instalacións propiedade da Xunta únense ao olvido ao que ano tras ano nos somenten nos orzamentos ou á ínfima colaboración cun dos eventos máis importantes da cidade, as festas do San Froilán".
O BNG reclama á Xunta que amañe a porta principal do HULA