O BNG ANALIZA NO CORGO POR QUE ARDE GALIZA NUN ENCONTRO CON MONTSE VALCÁRCEL E XABIER BRUÑA

O BNG analiza no Corgo por que arde Galiza nun encontro con Montse Valcárcel e Xabier Bruña

O BNG analiza no Corgo por que arde Galiza nun encontro con Montse Valcárcel e Xabier Bruña
 
O BNG analiza no Corgo por que arde Galiza nun encontro con Montse Valcárcel e Xabier Bruña


O Corgo, 24 de novembro de 2025 . O Bloque Nacionalista Galego do Corgo reuniu este sábado a veciñanza do municipio nunha charla-debate centrada en comprender as causas que explican a recorrencia dos incendios forestais en Galiza. No acto participaron a deputada no Parlamento galego, Montse Valcárcel, e o responsable comarcal, Xabier Bruña, coa presentación de Pilar Bellón, concelleira do BNG, nun encontro que puxo o foco na responsabilidade da Xunta e na necesidade dun cambio profundo no modelo forestal.

As intervencións analizaron como a abundancia de vexetación, a acumulación de combustible seco, os factores de ignición e as condicións meteorolóxicas extremas facilitan a propagación do lume. Porén, insistiron en que a raíz do problema é estrutural: un réxime de propiedade fragmentado, ausencia de ordeación forestal e un modelo produtivo deseñado para priorizar madeira barata destinada á pasta de papel, empobrecendo o monte e limitando o seu potencial económico, social e ambiental.

Durante o debate denunciouse tamén que a Xunta de Galiza non investiu o prometido nas medidas de prevención, nin apoia a necesaria multifuncionalidade do monte, esencial para diversificar usos, crear emprego, mellorar a biodiversidade e fortalecer a economía local. A aposta institucional por un modelo baseado nunha única produción —fundamentalmente eucalipto barato— provoca ademais graves problemas nos aserradoiros, que sofren a falta de madeira de calidade e ven dificultada a súa viabilidade nun contexto de competencia desigual.


 

O BNG expuxo as súas propostas para reverter esta situación: un cambio integral da política forestal, unha ordeación real do territorio, medidas de prevención activa ao longo de todo o ano e un reforzo estable e profesionalizado do operativo antiincendios. A fronte nacionalista defende que o monte galego debe ser unha fonte de riqueza diversificada e sustentábel, non un recurso explotado de maneira extensiva e de baixo valor engadido.

 

Pola súa parte Xabier Bruña fixo fincapé na necesidade da prevención e da formación da veciñanza á hora de enfrontarse a un incendio, poñendo riba da mesa accións que todas podemos levar adiante tanto para a prevención como a hora de enfrontarnos a un incendio


A veciñanza asistente valorou moi positivamente a claridade das explicacións e a necesidade de continuar xerando espazos de debate que permitan comprender o que está en xogo e defender un novo modelo de monte ao servizo do país.

O BNG analiza no Corgo por que arde Galiza nun encontro con Montse Valcárcel e Xabier Bruña