ARROXO ESTIVO ACOMPAÑADO POR CONCELLEIRAS E CONCELLEIROS DO BNG, ADEMÁIS DE CARGOS ORGÁNICOS E INSTITUCIONAIS DA ORGANIZACIÓN
O BNG reclama á Xunta que acondicione o alumeado ornamental da Muralla
Nunha acción reivindicativa no adarve, o Portavoz do BNG no Concello de Lugo afirmou que "seguimos vendo máis de 100 das luminarias da Muralla apagadas a poucos días do 25 aniversario da declaración do Monumento como Patrimonio da Humanidade"
Arroxo estivo acompañado por concelleiras e concelleiros do BNG, ademáis de cargos orgánicos e institucionais da organización
Dende o BNG ironizouse propoñendo á Xunta "que coloque candeas" se non son quen de facer funcionar o alumeado ornamental
Arroxo estivo acompañado por concelleiras e concelleiros do BNG, ademáis de cargos orgánicos e institucionais da organización
Dende o BNG ironizouse propoñendo á Xunta "que coloque candeas" se non son quen de facer funcionar o alumeado ornamental
02 dec. 2025 - 10:36
Lugo, 26 de novembro de 2025. O BNG realizou esta tarde unha acción reivindicativa no adarve da Muralla para reclamar á Xunta de Galiza que garanta o bo estado do alumeado ornamental. Arroxo afirmou que "este domingo celebramos o 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade e seguimos a ver 106 luminarias do adarve apagadas, a pesares de que moitas persoas fan uso deste espazo durante a noite". No acto, o BNG propuxo de xeito irónico á Xunta que instale candeas se non son capaces de facer funcionar o alumeado ornamental na semana do 25º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
Rubén Arroxo afirmou que este alumeado é necesario durante todo o ano, e fixo fincapé en que esta é a semana máis importante para a Muralla, debido á celebración do Patrimonio da Humanidade. Segundo Arroxo, a Xunta de Galiza "ten que poñer en valor a Muralla, que representa non só un ben histórico senón tamén un gran recurso turístico e cultural, ao ser a única muralla romana que se conserva completa".
"Lugo está a traballar en poñer en valor o monumento máis importante da cidade, mentres que a Xunta de Galiza, como responsable do seu mantemento, deixa de lado o mantemento do alumeado da Muralla". O portavoz do BNG afirmou que "este é un novo exemplo da discriminación da Xunta a Lugo", e afirmou que "a falta de mantemento da Muralla únese ao olvido ao que ano tras ano nos somenten nos orzamentos ou á ínfima colaboración da Xunta de Galiza con outro dos eventos máis importantes da cidade, as festas do San Froilán".