parque
Novas

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta a creación do Gran Parque Central de Lugo

Arroxo: "Este parque transformará a cidade, dando un aproveitamento real ao espazo da actual Estación de Autobuses unha vez entre en funcionamento a nova estación intermodal"

Rubén Arroxo e Antón Bao presentaron a campaña coa que o BNG sairá á rúa a compartir a súa proposta para este espazo

O portavoz do BNG destacou que esta proposta permitiría crear "un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo anuncia que a Tenencia de Alcaldía estuda unir o Parque Marcos Cela e o Parque de Rosalía cunha pasarela peonil


O Tenente Alcalde lembrou que esta iniciativa foi aprobada en pleno no ano 2018 por 24 votos a favor e unha soa abstención

Arroxo: "Este proxecto permite avanzar nun modelo de mobilidade peonil tamén no eixo leste-oeste da cidade, integrando unha gran senda peonil que parte desde o Río ata Fontiñas"

Rubén Arroxo anunciou, xunto ao edil de Infraestruturas, Alexandre Penas e o enxeñeiro municipal Alberto Cardama, que a Tenencia de Alcaldía está a elaborar xa o anteproxecto para estudar a viabilidade desta pasarela

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo e Iria Buide achegáronse ata o Parque Infantil de Tráfico para dar a benvida a un dos grupos de estudantes de Lugo que desfrutou hoxe dunha sesión de formación vial

Antes do comezo das actividades, o Goberno de Lugo executou unha serie de tarefas de mellora das instalacións, entre as que destaca a renovación da sinalización horizontal


Buide destacou que o Goberno de Lugo oferta estas actividades aos centros de ensino de xeito gratuíto e anunciou que máis de 400 estudantes visitarán o PIT nas vindeiras semanas

Ler novas
Novas

Aprobada en pleno a moción do BNG para crear o Gran Parque Central de Lugo na Estación de Autobuses


Arroxo: "Esta decisión marca un paso importante na transformación urbana da cidade, unha vez que entre en funcionamento a nova estación intermodal"

O portavoz do BNG destacou que esta proposta permitirí a crear "un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere"

Ler novas