O ALCALDE EN FUNCIÓNS DESTACOU A COLABORACIÓN DA TENENCIA DE ALCALDÍA COA DXT "PARA ACHEGAR ESTA FORMACIÓN AOS CENTROS DE ENSINO DE XEITO GRATUÍTO"

O Parque Infantil de Tráfico recupera a actividade con formacións para estudantes da cidade de Lugo

Rubén Arroxo e Iria Buide visitaron o PIT, onde comezaron as formacións para as e os escolares de Lugo

O Alcalde en Funcións destacou a colaboración da Tenencia de Alcaldía coa DXT "para achegar esta formación aos centros de ensino de xeito gratuíto"

O Parque Infantil de Tráfico recupera a actividade con formacións para estudantes da cidade de Lugo




Lugo, 10 de marzo de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitaron as instalacións do Parque Infantil de Tráfico ubicado no Parque da Milagrosa, onde veñen de comezar os cursos de educación viaria para escolares postos en marcha pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa DXT. Arroxo anunciou que durante o curso escolar 2024-25 "as e os estudantes  dos colexios de Lugo recibirán formación en seguridade viaria no PIT, unha instalación referencial que permite simular diferentes situacións sobre mobilidade e tráfico".

"Coa posta en marcha destes cursos recuperamos o funcionamento do PIT e traballamos na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", afirmou Buide, que destacou a importancia desta formación "que se oferta a todos os centros de ensino que o desexen, traendo ao PIT ao maior número de estudantes posible"

O Goberno de Lugo realizou este ano unha "mellora estética" da instalación, renovando a sinalización da pista, "o que permitirá unha boa calidade das actividades que xa están calendariazas ata final de abril", explicou Arroxo.

A Tenencia de Acaldía e a DXT traballan en conxunto para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino".

O Parque Infantil de Tráfico recupera a actividade con formacións para estudantes da cidade de Lugo